AVISO LEGAL DO SITIO WEB DA SOCIEDADE GALEGA DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA (SGXX)

1. DATOS IDENTIFICATIVOS
En cumprimento co deber de información recollido en artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a continuación reflíctense os seguintes datos: a empresa titular do dominio web é a SOCIEDADE GALEGA DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA (en diante SGXX), con domicilio para estes efectos en C/ San Pedro de Mezonzo 39-41. CP 15701 Santiago de Compostela, A Coruña. CIF: G-32117921. Correo electrónico de contacto: info@sgxx.org.

2. USUARIOS
O acceso e/ou uso deste portal de SGXX atribúe a condición de USUARIO, que acepta, dende o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

3. USO DO PORTAL
www.sgxx.org proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes a SGXX ou aos seus licenciantes aos que o USUARIO poida ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal. A devandita responsabilidade esténdese ao rexistro que fora necesario para acceder a determinados servizos ou contidos.
No devandito rexistro o USUARIO será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao USUARIO pódeselle proporcionar un contrasinal da que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial desta. O USUARIO comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como por exemplo servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias) que SGXX ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non os empregar para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de SGXX, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes. SGXX resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen axeitados para a súa publicación. En calquera caso, SGXX non será responsable das opinións vertidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación.

1. PROTECCIÓN DE DATOS

SGXX cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. Para iso, xunto a cada formulario de solicito de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poida solicitar a SGXX, fará saber ao usuario da existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándoo da responsabilidade do ficheiro creado, a dirección do responsable, a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e as comunicacións de datos a terceiros no seu caso. Así mesmo, SGXX informa que dá cumprimento á Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e solicitaralle o seu consentimento ao tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada momento. Os datos persoais solicitados na nosa páxina web forman parte de ficheiros responsabilidade de SGXX e son tratados por esta coas seguintes finalidades:

Contacto general:Resolver as consultas formuladas a SGXX, así como atender as solicitudes de información sobre os servizos que ofrecemos.
O rexistro nos formularios e usos nesta web implica a aceptación desta Política de Privacidade.

Eventualmente, esta Política de Privacidade pode ser revisada co fin de actualizar os cambios na lexislación vixente, actualizar os nosos procedementos de eecollida e uso da información de carácter persoal, a aparición de novos servizos ou a exclusión doutros. Estes cambios serán vixentes a partir da súa publicación na web, polo que é importante que revises regularmente esta Política de Privacidade co fin de permanecer informados sobre os cambios habidos.
SGXX resérvase a facultade de investigar calquera contido que atente contra esta Política de Privacidade así como no uso incorrecto, indebido e fraudulento das condicións expostas.

SGXX só usará a túa información de carácter persoal en virtude desta Política de Privacidade e, con carácter xeral, solicitará o teu consentimento para utilizar a túa información de carácter persoal con fins distintos daqueles para os cales os outorgaches nos formularios.

SGXX non utilizará os teus datos persoais con finalidades incompatibles ás que figuran nesta cláusula.
SGXX está presente tamén en redes sociais como Facebook,Twitter, Linkedin, Pinterest, Google +, entre outras.
SGXX non comparte nin comunica ningunha información persoal dos usuarios amigos en ningunha rede social das anteriormente citadas nin en ningunha outra rede social. E en cada un destes medios sociais, SGXX é usuario administrador das contas incluídas nas mencionadas redes sociais, adopta as medidas de seguridade e configuracións de privacidade axeitadas que proporcionan estas redes sociais. Podes consultar as súas Políticas de Privacidade e Condicións de Uso de cada rede social nas súas páxinas web correspondentes.

SGXX adopta medidas de índole técnica, administrativa e organizativa nos seus sistemas co fin de protexer a información de carácter persoal, evitando a súa perda, roubo, divulgación, alteración ou uso non autorizado.
Pode exercer os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición a través de C/ San Pedro de Mezonzo 39-41. CP 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.ou o correo electrónico: info@sgxx.org. Se desexa darse de baixa en calquera dos servizos de notificacións de SGXX, pode facelo en calquera momento a través da dirección de info@sgxx.org.

1. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

SGXX por si ou comocesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos nesta (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade deSGXX ou ben dos seus licenciantes.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade, de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de SGXX. O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de SGXX. Poderá visualizar os elementos do portal e mesmo os imprimir, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado no as páxinas de SGXX.

1. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
SGXX non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

2. MODIFICACIÓNS
SGXX resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través desta como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.

3. ENLACES
No caso de que en www.sgxx.org se dispuxesen enlaces ou hipervínculos facía outros sitios de Internet, SGXX non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso SGXX asumirá responsabilidade ningunha polos contidos dalgún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún dos devanditos hipervínculos ou outros sitios de Internet. Igualmente a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

4. DEREITO DE EXCLUSIÓN
SGXX resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso a portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

5. XENERALIDADES
SGXX perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

6. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN
SGXX poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicada como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

7. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
A relación entre SGXX e o USUARIO rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia se someterá segundo a lexislación e xurisdición españolas.

Empeza a escribir e presiona "Intro" para buscar