Facebook
Twitter
Suscríbete

Normativa e bases dos premios de comunicacions o congreso anual da sociedade, bolsas de estancias formativas, becas de inscripcion a congresos e bolsas de investigación da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX).

A Xunta Directiva da SGXX, de acordo cos Estatutos e actividades previas da Sociedade, e para maior información e obxectividade, aprobou as Normas e contías das Becas, Axudas e Premios Anuais que a continuación se refiren.

la sgxx dispone de becas de estancia y otros incentivos para el trabajo en el campo de la geriatría y gerontología - Becas Inscrición Congreso Anual SGXX

Beca ou Bolsa de Estadías Formativas en Centros. Beca Dr. D. Roberto Bugidos Benavides.

A Sociedade convoca axudas económicas para realizar Estadías formativas en Hospitais, Institucións, Centros Sociosanitarios Xerontolóxicos acreditados, incluíndose áreas especializadas en directa relación coa atención as persoas Maiores (Investigación básica ou aplicada, Rehabilitación, Psicoxeriatría, Servizos Sociais, Xestión, etc). O programa de formación que opte a una beca de formación terá que estar debidamente acreditado.

Descargar bases en PDF.

Solicitude Beca/ Bolsa/ Premio
la sgxx dispone de becas de estancia y otros incentivos para el trabajo en el campo de la geriatría y gerontología - Becas Inscrición Congreso Anual SGXX

Becas de Inscrición ó Congreso Anual da SGXX.

Destínanse para Becas de Inscrición ó Congreso da SGXX, a celebrar anualmente, a cantidade máxima de 1.950 euros. Este importe distribuirase en un máximo de 15 Becas de Inscrición no Congreso anual, e poderán incluír o Aloxamento para o Congreso anual da Sociedade.

Descargar bases en PDF.

Fecha límite de solicitud de becas: 18/04/17.

Solicitude Beca/ Bolsa/ Premio
la sgxx dispone de becas de estancia y otros incentivos para el trabajo en el campo de la geriatría y gerontología - Premio Dr. D. Fernando Jiménez Herrero

Premios as Mellores Comunicacións Orais e en Poster/Vídeo do Congreso Anual da SGXX. Premio Dr. D. Fernando Jiménez Herrero.

No Congreso da SGXX premiarase a participación dos/as Socios/as nas Sesións de Comunicacións cos Traballos de investigación ou experiencias profesionais orixinais para o que se propoñen 3 premios, de 1600 Euros en total, para as Comunicacións presentadas nas Salas Oral-Social, Oral-Clínica ou mixta Oral-Experiencias validadas, correspondendo un Premio de 600 euros para a mellor Comunicación presentada na Area Oral-Social, un Premio para a mellor Comunicación presentada na Area Oral-Clínica; e un Premio de 400 euros para as presentadas en Poster/Video.

Descargar bases en PDF.

la sgxx dispone de becas de estancia y otros incentivos para el trabajo en el campo de la geriatría y gerontología - beca de investigacion

Bolsas de Investigación

Destínanse a Bolsas de Investigación a cantidade máxima de 3.000 euros. Non haberá un número determinado de Bolsas, senón que se repartirán entre daqueles Proxectos de Investigación presentados que a Comisión Permanente da Xunta Directiva considere de suficiente calidade. O prazo de presentación de Proxectos e ata o 1 de maio de cada ano.

Descargar bases en PDF.

Solicitude Beca/ Bolsa/ Premio

Para realizar a solicitude dunha Beca ou Bolsa de investigación da SGXX ten que cubrir este formulario, aportando a información e documentación que é requisito da Beca ou Bolsa solicitada. Pode comprobar as características da mesma nesta páxina.

Se ten algunha dúbida ou precisa de máis información, pode poñerse en contacto coa Secretaría Técnica da SGXX a través do seguinte enderezo de correo electrónico: secretario@sgxx.org.

Nome e Apelidos *

Enderezo correo electrónico *

Teléfono *

Por favor, comprobe que escribiu correctamente o seu e-mail e teléfono, porque serán os que utilicemos para comunicarnos con vostede.

Beca/ bolsa a solicitar

Documentacion necesaria para a Beca/ bolsa *

Mensaxe

* Esta información é requerida.

· Resolución becas de inscripción para Congreso Anual SGXX 2016. Descargar

· Resolución becas de inscripción para Congreso Anual SGXX 2017. Descargar