Facebook
Twitter
Suscríbete

ATENCIÓN SOCIOSANITARIA BASEADA EN NOVOS MODELOS DE ATENCIÓN INTEGRAL CENTRADA NA PERSOA

CURSO DE FORMACIÓN ESPECIALIZADA SOCIOSANITARIA PARA A IMPLEMENTACIÓN DO MODELO DE ATENCIÓN INTEGRAL CENTRADA NA PERSOA (AICP) DENDE O MODELO TRADICIONAL

ORGANIZACIÓN

Lugar e datas
Colexio Oficial de Médicos de Santiago de Compostela.
Rúa de San Pedro de Mezonzo, 39.
15701 Santiago de Compostela, A Coruña.
24 e 25 de novembro de 2017

Organiza
Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Colabora
Colexio Oficial de Médicos de Santiago de Compostela.
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG).
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG).

Dirixen
Miguel Ángel Vázquez Vázquez.
Dr. en Medicina, Médico especialista en Xeriatría
e Xerontólogo social. Profesor asociado da
Universidade de Vigo. Presidente da SGXX.

Carlos Dosil Díaz.
Dr. en Psicoloxía. Vogal Área de Psicoxerontoloxía
da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
Vogal da Area Social da SGXX

IMPARTIDO POR

sgxx-lourdes-bermejo

Lourdes Bermejo

Doutora en Ciencias da Educación (Universidad Complutense Madrid 1982-87). Doutora en Ciencias da Educación (UNED, Premio Extraordinario Doctorado, 2002). Diplomada en Xerontoloxía Social (Sociedad Española de Geriatría y Gerontología -SEGG-, 1996). Experta en Intervención Social Integral (Escuela Servicios Sociales Sanitarios de Canarias -ESSSCAN-, 1999). Educadora Social Habilitada (CEESCAN, 2015 – Colexiado Nº 002212).

sgxx-foto-presidente-mavv

Miguel Ángel Vázquez Vázquez

Dr. en Medicina, Médico especialista en Xeriatría e Xerontólogo social. Profesor asociado da Universidade de Vigo. Presidente da SGXX.

O CURSO

OBXECTIVOS

Facilitar que universitarios e profesionais obteñan os coñecementos e habilidades precisas para deseñar, intervir, xestionar ou investigar en programas novos baixo o enfoque da AICP para recursos dirixidos a persoas en situación de dependencia e discapacidade, ou que estén afectados por enfermidades crónicas que requiran coidados de longa duración.

METODOLOXÍA

Metodoloxía variada e participativa.
Con exposicións teórico-prácticas, reflexións, debates, traballo individual e en grupos. Aprendizaxe significativo e aplicable á realidade dos participantes.

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Profesionais de atención xerontolóxica.
  • Directores de Centros de Día e de Centros Residenciais.
  • Directores e Coordinadores de Programas de Axuda no Fogar.
  • Profesionais da Atención Primaria (concellos e SERGAS) da Administración Autonómica e da Administración Local.
  • Profesionais dos centros sociosanitarios de maiores, residenciais ou de día.
    Alumnos/as das Universidades de Galicia.
  • Outras entidades relacionadas co sector de apoio e atención as persoas Maiores.

PROGRAMA DOCENTE

Descarga o Programa en PDF

Venres  24 de novembro

Imparte: Lourdes Bermejo.

15.30 – 16.00h. Recollida de Documentación e rexistro de asistencia. Información de actividades non presenciais: acceso, titorización e actividades persoais.

16.00 – 16.15h. Presentación da Xornada, obxectivos e coordinación académica.

16.15 – 18.15h. Reflexións e Análisis Crítico e Comprensivo da situación actual no sector da atención as persoas maiores: ¿”Gústannos” os nosos recursos? ¿Qué está a cambiar e por qué?

18.15 – 18.30h. Workcoffee.

18.30 – 20.30h. Antecedentes, Bases Científicas e Éticas da Atención Integral e Integrada na Persona. Metodoloxías e estratexias para a súa implementación en Centros e Servizos Xerontolóxicos (I): Realmente, ¿Debemos de cambiar? ¿Por qué e cómo facelo?

Sábado 25 de novembro

Imparte: Lourdes Bermejo

10.00 – 11.40h. Metodoloxías e estratexias para a súa implementación en Centros e Servizos Xerontolóxicos (II): Unha mirada global e sistémica: Aspectos organizacionais e ambientais, metodoloxías e instrumentos de traballo, novos desempeños e roles profesionais e relacionais para lograr unha maior integralidade e personalización. Oportunidades e Dificultades.

Aspectos organizacionais e metodolóxicos: Planificación do Proceso, Recursos Humáns e Xestión do cambio. Diversidade metodolóxica para a implementación en Residencias e en Centros de Día: ¿Boas Prácticas versus Unidades de Convivencia?

11.40 – 12.00h. Work coffee.

12.00 – 14.00h. Metodoloxías e estratexias para a súa implementación en Centros e Servicios xerontolóxicos (III): Aspectos ambientais e relacionais. Metodoloxía e instrumentos de traballo para desenrolar o Modelo: ¿Qué é ser bo profesional hoxe en día? Novos desempeños e roles profesionais.

16.00 – 18.30h. Metodoloxías e estratexias para a súa implementación en Centros e Servizos Xerontolóxicos (IV): Metodoloxía e instrumentos de traballo para desenrolar o Modelo para lograr unha maior integralidade e personalización. Experiencias desenroladas en España e noutros países.

18.00h. Resumen de aprendizaxes. Presentación de tarefas/actividades non presenciais. Titoriza: Lourdes Bermejo.

18.30h. Work coffee.

Imparte: Miguel Ángel Vázquez Vázquez

18.45 – 20.00h. “Pros e contras dos Modelos de Atención Integral Centradas nas Persoas”

20:00h. Peche da xornada.

INSCRICIÓN

CUSTOS DE INSCRICIÓN

  • Socios e socias da SGXX: 25€
  • Colexiados COTSG/ CEESG e estudantes: 60€
  • Profesionais non socios ou colexiados: 81€
  • O curso conta con 5 becas de inscrición para socios/as da SGXX (concedidas segúndo orde de chegada da solicitude da beca, ate o remate de prazas).

FORMA DE PAGO

Transferencia bancaria á conta: ES45 2080 5092 0530 4002 0072 (ABANCA)
Concepto: “CURSO EN MODELOS ACP + Nome da persoa asistente”
* O xustificante de pago deberá ir adxunto na inscrición a traveso da Web www.sgxx.org.

POLÍTICA DE CANCELACIÓNS

As cancelacións feitas antes do 3 de novembro (inclusive) serán devoltas na súa integridade. As cancelacións feitas a partir do 3 de novembro serán devoltas nun 50%, en ambos casos, descontadas as tasas bancarias. Para solicitar unha cancelación de inscrición, deberá empregar o formulario de inscrición, escollendo a opción axeitada.

PRAZAS: Máximo de 40 persoas.

DATA LÍMITE INSCRICIÓN: 3 de novembro

Nº DE HORAS ACREDITADAS: 25 HORAS
13 horas presenciais + 12 horas de traballo titorizado (individual e grupal)

DATAS DE REALIZACIÓN PRESENCIAL
Venres 24 de novembro pola tarde. Sábado 25 de novembro todo o día.

DATAS DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
15 de decembro

ENTREGA DE DIPLOMA
Precísase acreditar un 85 por cento de asistencia presencial e realizar as actividades de traballo persoal titorizadas.

ACREDITACIÓN
Solicitada a Declaración de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade. Coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e a Comisión Permanente de Avaliación Académica da SGXX.



O curso conta con 5 becas de inscrición para socios/as da SGXX (concedidas segundo orde de chegada da solicitude da beca, ate o remate de prazas).