en Actividades e Congresos, Actualidade

Ao Congreso asistiron máis de 1.000 congresistas e 123 ponentes e se presentaron 482 comunicacións científicas

Jenny Lowick-Russel, da Dirección Sociocultural da Presidencia de Chile; Miguel Ángel Vázquez, pte. da SGXX e Enrique Vega, da Organización Panamericana de Salud.

Traballando no stand da SGXX

 

 

Un dos momentos da primeira ponencia

O presidente da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia, José Carro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(Víctor Sariego, 14/6/2017).- A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) valora moi positivamente o resultado do seu 29 Congreso celebrado os pasados 7, 8 e 9 de xuño en A Coruña. Un encontro internacional que, organizado xunto co 59 Congreso da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG) reuníu a máis de 1.000 congresistas e 123 ponentes de recoñecido prestixio de Galicia, o resto de España e países como Portugal, Suiza, EE.UU., Chile o Paragüai.

“Foi un gran éxito de convocatoria e de participación” explica o presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez, “non só na cantidade de participantes e todo tipo de propostas científicas, sociais, biolóxicas, prácticas… senon na súa calidade, rigurosidade e profesionalidade” matiza, subliñando, por exemplo que no Congreso se teñen presentado 482 comunicacións científicas, 7 simposios clínicos, 6 simposios sociais, 3 simposios biolóxicos, 5 cursos, 6 talleres e sesión especiales.

Un resultado, con poucos precedentes neste tipo de foros a nivel mundial, que o presidente da SGXX lle atribuye a alta involucración do Comité Organizador, da Xunta Directiva da propia entidade, dos ponentes, congresistas e entidades participantes a quen agradeceu profundamente a súa actividade neste Congreso.

O envellecemento galego

De feito, Vázquez recorda a enorme importancia da celebración deste Congreso e de que se faga, precisamente, en Galicia: o gran avance do envellecemento de xeito internacional que ten ademáis na Comunidade Galega particularidades específicas e únicas no mundo como a dispersión poboacional, as dificultades de levar os servizos de proximidade pola especial orografía e climatoloxía, o aillamento de moitas persoas maiores, a convivencia de dous ou maís octoxenarios na mesma vivenda… A día de hoxe e segundo datos de Eurostat de 2017, Galicia ten un envellecemento poboacional do 23,5 por cento de media (en España a media é de o 18,4 por cento) o que a converte na Comunidade máis envellecida de España e unha das dez máis envellecidas de Europa.

Un fenómeno, nunca antes visto na historia da humanidade que, “en lugar de aprecialo como unha oportunidade, nalgúns ámbitos se está a ver coma unha ameaza” e que non para de aumentar o que esixe unha nova abordaxe que dea resposta en positivo a esta situación, comenta Vázquez, integrando as experiencias e investigacións de todo os expertos en materia de envellecemento, “non só desde a liña xeriátrica, médica, clínica e científica”, como foi a pretensión e como quedou patente neste Congreso, “senón tamén desde a liña xerontolóxica e dende aqueles ámbitos que teñan en conta factores socioeconómicos, educativos, incluso a arquitectónica, os servizos de proximidade, de asistencia a domicilio e, moi importante, a rede de tecnoloxía ao servizo das persoas maiores”.

Recommended Posts

Empeza a escribir e presiona "Intro" para buscar