Facebook
Twitter
Suscríbete

Dr. D. Miguel Ángel Vázquez Vázquez

Presidente

sgxx-foto-presidente-mavv

Presidente
Dr. D. Miguel Ángel Vázquez Vázquez

Médico especialista en Xeriatría, con experiencia en atención primaria, na Inspección de servicios de saúde, na atención Hospitalaria e na Dirección, Xestión e Planificación de Programas e Centros Sociosanitarios públicos e privados. Ten traballado en Docencia Universitaria, en Investigación aplicada e novas Tecnoloxías nos eidos sociais e de saúde e como Asesor e Responsable de proxectos sociosanitarios nacionais e internacionais do sector público e privado, sendo na actualidade profesor asociado de xeriatría, xerontoloxía e saúde na Universidade de Vigo, Consultor de Nacions Unidas e das Axencias de Cooperacion  Internacionais para o Desenvolvemento sobre saúde e avellentamento, Director Estratexico de empresas sociosanitarias e a súa actividade principal e a de Socio-Director de CALIGERS S.L., Consultora de  Servizos Xeriátricos.

Doutor en Medicina e Cirurxía; e tamén Especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte (MIR); Máster en Xerontoloxía Social pola Universidade Autónoma de Madrid e Especialista Universitario en Economía e Xestión Sanitaria.

O seu traballo actual desenvolvese nos centros en programas de mellora e implementación de novos centros xeriátricos, proxectos e xestión de consultoría e investigación aplicada e no ensino no ámbito xeriátrico e xerontolóxico. As suas líñas actuais de investigación veñen sendo xeriatría; persoas Maiores e avellentamento; demencia e coidadoras; estereotipos e idadismo, e xestión de institucións sociosanitarias.

Autor de máis de 30 publicacions sobre xeriatría e xerontoloxía, xestión residencial e de programas para a vellez e a dependencia. Participa en proxectos de investigacióne consultoría internacionais da Comisión Europea e en países de Latinoamérica. Xa tivo sido presidente e vogal de investigación na SGXX.

Membro de varias sociedades científicas e Director de Mestrados e Postrgraos de Especialista na Universidade de Burgos e Vigo, ten participado en máis de 400 conferencias, comunicacions e seminarios en España e institucions extranxeiras e ven colaborando en accións voluntarias con entidades que traballan con autismo e en xerontoloxía.

Dr. D. José Manuel Pazos Seco

Vicepresidente 1º encargado das relacións externas

sgxx-jd-jmps

Vicepresidente 1º encargado das relacións externas
Dr. D. José Manuel Pazos Seco

Director Técnico e de operacións de Geriatros S.A.U.

Médico e ciruxán pola Universidade de Santiago (1981); Máster en Calidade Asistencial en Atención Primaria pola Universidade de Murcia; Director de Instalacións de rayos X con fins de diagnóstico polo Consello Superior de Enerxía Nuclear; Máster en Dirección e Xestión de Programas e Centros Xerontolóxicos Socio Sanitarios da Universidade de Vigo.

Profesor do Máster en Dirección e Xestión de Programas e Centros xerontolóxicos socio sanitarios da Universidade de Vigo; Profesor do Curso de Máster e Experto en Xerontoloxía Clínica na Universidade de A Coruña; Colaboradorar habitual na prensa escrita no ámbito da xeriatría (por exemplo no Diario El Mundo).

Iniciou a súa vida profesional no Sergas nos servicios de Urxencias de Ferrol (1981-1986). Posteriormente é director médico no Policlínico Virxen de Covadonga en Laraxe (Cabanas). Despois traballa no INSERSO, no CAMF de Ferrol (1992-1998) e finalmente chega a Geriatros onde é director técnico e de operacións.

Dr. D. Javier Pérez Martín

Vicepresidente 2º encargado de coordinar as actividades das vocalías

sgxx-jd-jpm

Vicepresidente 2º encargado de coordinar as actividades das vocalías
Dr. D. Javier Pérez Martín

Actualmente é coordinador do Servicio Médico do Centro Residencial de Atención a Personas Dependientes da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e profesor na asignatura de Xeriatría na Escola Universitaria de Enfermería de POVISA.

Licenciado en Medicina e Ciruxía; Diplomado en Xeriatría pola Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG); Máster en Xeriatría polo Hospital Xeral-Calde de Lugo; Máster en Dirección de Centros Sociosanitarios pola Universidade de Vigo.

Dr. D. José Maria Faílde Garrido

Secretario

sgxx-jd-jmfg

Secretario
Dr. D. José Maria Faílde Garrido

Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio extraordinario de Doutorado; Título Oficial de Especialista en Psicoloxía Clínica e diplomado en Ciencias Criminolóxicas.

Profesor titular da Universidade no Área de Personalidade, Evaluación e Tratamentos Psicolóxicos da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo) dende 1997. Director da Área de Planificación do Campus de Ourense-Campus da Auga (Universidade de Vigo).

Psicólogo Clínico, con 16 anos de práctica profesional en institucións sociosanitarias do terceiro sector; colaborador nos últimos 20 anos en empresas e institucións públicas e privadas no ámbito da formación, especialmente en xerontología, Counselling para persoal sociosanitario, habilidades de comunicación e atención ao usuario.

Autor de máis de cen publicacións entre libros, artígos de libros e de revistas científicas, de ámbito nacional e internacional de gran prestixio. Ten participado e dirixido multitude de proxectos de investigación. Premiado con varios galardóns de investigación, é voluntario en distintas organización no gubernamentais, especialmente no ámbito das emerxencias psicolóxicas.

Organizador de múltiples accións formativas (másters, postgraos, congresos, seminarios, cursos de verán), desempeñou varios cargos de xestión e é investigador en temas relacionados ca saúde sexual, a xerontoloxía, a avaliación neuropsicolóxica, saúde e calidade de vida en xeral.

Dr. D. Cesáreo López Vidal

Tesoureiro

sgxx-jd-clv

Tesoureiro
Dr. D. Cesáreo López Vidal

Xeriatra na Residencia Vigo I do Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo da  Conselleria de Traballo Social da Xunta de Galicia.

 Licenciado en Medicina e Ciruxía Xeneral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (1987).

Modalidade Tesina título Valoración a plazo medio da Trabeculoplastia con láser de argón no tratamento do Glaucoma crónico simple.

Diplomado en Medicina Xeriátrica pola Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG).

Alumno do I Curso Superior de Xeriatría de Galicia, celebrado no Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo) no ano académico 1992-1993.

Diplomado en Dirección e Xestión de Empresas de Servicios Sociosanitarios, organizado e celebrado na Escola Nacional de Sanidade, Instituto de Saúde Carlos III (1999-2000).

Socio numerario da SGXX (xuño 1992).

Socio numerario da SEGG (decembro 1992).

Dra. Dña. Sonia María Barros Cerviño

Vogal Sección Clínica

sgxx-jd-smbc

Vogal Sección Clínica
Dra. Dña. Sonia María Barros Cerviño

Xeriatra no Hospital Universitario Lucus Augusti (Lugo).

Médica e ciruxana pola Universidade de Santiago de Compostela (2002); médica especialista en Xeriatría via MIR: formada no Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (2003-2007).

Diplomatura en estudos avanzados pola Universidade de A Coruña en Deterioro Cognitivo Postquirúrgico (2008) e cursos de Doutorado na mesma Universidade e no mesmo curso de Xerontoloxía e Xeriatría; Terapéutica Termal e Envellecemento; Fisiopatoloxía endocrina e nutrición no envellecemento e outros.

Médico interno residente de xeriatría no Hospital Xeral Calde de Lugo (2003-2007) coa obtención do título de especialista de área de xeriatría. Durante devandita formación, rotación externa no Complexo Universitario de Santiago de Compostela no Servizo de Neuroloxía na Unidade de Demencias.

Participación en varias publicacións e documentos científico-técnicos e en capítulos de libros e monografías.

Asistencia a cursos, xornadas, symposium, congresos e reunións científicas ao longo destos anos nalgunha delas como poñente ou con comunicacións orais así como participación en posters.

Dña. Isabel Redondo Zambrano

Vogal Sección Social

sgxx-jd-ir-220x220

Vogal Sección Social
Dña. Isabel Redondo Zambrano

Trabajadora y asistente social de la Gerencia de Atención Integrada de Santiago de Compostela en el Centro de Salud de Vite.

Asistente Social por la Universidad de Zaragoza, diplomada en Trabajo Social por la Universidad de Euskadi y grado en Trabajo Social por la Universidad Internacional de La Rioja.

Ha impartido formación y docencia en programas de promoción para la salud desde el año 1984 en toda España.

Creadora y coordinadora del Programa de Envejecimiento Activo y Saludable del Centro de Salud de Vite desde el año 2008, dentro del que ha incluido dos módulos de sexualidad: “Salud Sexual y Envejecimiento Feliz” y “Salud Afectivo Sexual a partir de los 50 años.”

Colabora desde 2007 con la Escuela de Trabajo Social de la USC, como docente en el prácticum de los trabajos finales de grado.

Ha sido ponente en numerosos congresos nacionales e internacionales, destacando su implicación con la salud sexual de las personas mayores.

Miembro del Consello de Saúde de Galicia representando al Colegio de Trabajo Social y del Grupo de la Consellería de Sanidade de VIH e ITS, en representación del Grupo de Trabajo Social. Miembro del Grupo de Demencias de Galicia.

Ha colaborado con la Escuela Gallega de Salud para los ciudadanos del Sergas, como docente y programadora de cursos de envejecimiento activo y saludable.

Colaboradora habitual de diferentes medios de comunicación.

Dr. D. Carlos Dosil Díaz

Vogal Psicoxerontología

sgxx-jd-cdd

Vogal Psicoxerontoloxía
Dr. D. Carlos Dosil Díaz

Director xerente do Complexo Terapéutico Xerontolóxico A Veiga (2009); profesor asociado na Universidade de Santiago (2010); director xerente do Centro Libredón de Formación e Consultoría Profesional (2009) e membro de diversos equipos galegos e españois de investigación no área da psicoxerontoloxía.

Doutor en psicoloxía. Dpto. Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Especializado na Orientación e Intervención en Psicoloxía Evolutiva e da Educación, centrándose nas idades máis lonxevas, concretamente nas institucións de atención ás persoas maiores.

Máster Universitario e Especialista en Dirección e Xestión de Programas e Centros Sociosanitarios Xerontolóxicos pola Universidade de Vigo; Máster en Ciencias da Familia (Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar) pola Universidade de Santiago de Compostela.

Dña. Marta Ulloa Méndez

Vogal Enfermaría

sgxx-jd-mum

Vogal Enfermaría
Dña. Marta Ulloa Méndez

Directora da Residencia Castro Ribeiras do Lea (Lugo) do Grupo SAR Quavitae (2003).

Supervisora da Residencia Castro Ribeiras do Lea de SAR Quavitae (1998-2003) como responsable dun equipo de 45 xerocultoras e 8 enfermeiras, asumindo a formación do personal da nova incorporación.

D.U.E da Residencia de Castro Ribeiras do Lea (1997-1998) e no Sergas, en diferentes servicios sanitarios (1997).

Técnico de Laboratorio (análisis clínicos e bromatolóxicos) e D.U.E. nos Laboratorios Labonor-Ense (1996-1997).

Técnico Especialista en Laboratorio (1992-1993).

Diplomada Universitaria Enfermería (1994-1996).

Dirección de Centros de Dependientes da Xunta de Galicia.

Dña. Raquel Ramos Rodríguez

Vogal Xerocultura

sgxx-jd-rrr

Vogal Xerocultura
Dña. Raquel Ramos Rodríguez

Licenciada en Pedagoxía pola UNED (especialidade Pedagoxía Socioprofesional); diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo; Máster en Dependencia e Xestión de Servicios Sociais pola Universidade de A Coruña; Máster Experto Universitario en Formación de Formadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Amplia experiencia profesional no ámbito da xerontoloxía; como educadora social e animadora sociocultural; diseñando e implementando proxectos de intervención socioeducativa tanto en contextos institucionais (residencias e centros de día) como en contextos comunitarios, dentro da empresa privada e no sector público.

Na actualidade traballa como educadora social no CAPM Vigo- Teis do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Conta, asemade, con abundante experiencia docente e de diseño de materiais didácticos, destinados tanto para a formación presencial como a formación a distancia (e-learning) así como na súa avaliación, centrada especialmente no ámbito dos servicios sociais e atención a persoas maiores dependentes.

D. Luis Lorenzo Mur

Vogal Centros Xerontolóxicos

sgxx-jd-llm

Vogal Centros Xerontolóxicos
D. Luis Lorenzo Mur

Avaliador estatal na Cualificación profesional de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais no Procedemento de Recoñecemento de Competencias Adquiridas pola Experiencia Laboral, participando en distintas convocatorias como avaliador (2010).

Dende decembro de 2015, é novamente, Director dun Centro Residencial público.

Licenciado en CC. Económicas e Empresariais, Postgrao en Economía (1991). Títulado en Relacións Laborais; Master Universitario en Dirección e Xestión de Programas e Centros Xerontolóxicos Sociosanitarios (2007).

Desempeñou distintos cargos no Consello Galego de Relacións Laborais (1989), nunha institución financeira (1991), e no Consello de Contas (1992), na Xestión Económica e de Persoal na Administración Autonómica (1992-2003) e a dirección e xestión de Centros Residenciais Públicos, xa foran institucions para persoas autónomas (2003-2007), e, posteriormente, a posta en funcionamente dunha Residencia para usuarios dependentes e Centro de Día de persoas con Alzheimer (2007-2010).

Xerente Adxunto (2010-2015) da Área de Benestar do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar (Consellería de Política Social da Xunta de Galicia) desenvolvendo as políticas de xestión e creación de Centros Públicos en Rede Territorial, fundamentalmente Centros de Día, Vivendas Comunitarias e Fogares Residenciais (entorno urbano, rural ou semirural), incluíndo a xestión da apertura de máis de 20 novos centros en Galicia, a organización da Rede de transporte para usuarios dos Centros de Día no territorio, e a ampliación do Programa Xantar na Casa potenciando instrumentos TIC de seguimento social nos ámbitos rurais.

Ponente en congresos do ámbito sociosanitario, Xornadas de Violencia de Xénero e persoas maiores, en Cursos de Verán sobre envellecemento e demografía, e tamén no Programa Europeo Interreg Dart, vinculados aos cambios sociais, a idade, e a calidade de vida en rexións con declive demográfico con profesionais europeos.

Dra. Dña. lsabel González-Abraldes lglesias

Vogal Formación e Investigación

sgxx-jd-igai

Vogal Formación e Investigación
Dra. Dña. lsabel González-Abraldes lglesias

Profesora Asociada da Universidade de A Coruña e Psicóloga no Complexo Xerontológico La Milagrosa, desenvolvendo, fundamentalmente tarefas de evaluación e intervención en pacientes con deterioro cognitivo e demencia, así como atención e apoio a os seus coidadores.

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela; Máster en Xerontología Clínica pola Universidade de A Coruña; Postgrado en Neuropsicoloxía Clínica no Institut Superior d’Estudis Psicologics (ISEP); Doutora en Xerontoloxía pola Universidade de A Coruña no Programa de Envellecemento: avances e investigación. Participou e participa en diferentes proxectos de I+D do ámbito Nacional e Internacional e en diferentes publicacións científicas no ámbito da xerontoloxía. Foi invitada en distintas ocasións a participar como revisora de artículos científicos para revistas indexadas no Journal Citation Report.