Facebook
Twitter
Suscríbete

Tag Archives: envellecemento

A SGXX participa no ‘Foro da Soidade’ de A Coruña

(Víctor Sariego, 13/12/2017).- “Derrubar o estigma da soidade e a imaxe negativa co a que se vincula ás persoas maiores e que se converten en estereotipos negativos, é dicir, unha clara discriminación pola idade ou idadismo” foi unha das propostas amosadas polo presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez Vázquez no ‘Foro da Soidade’, unha actividade promovida polo proxecto ‘Soidade’, organizado polo ‘Co Lab’ (ou laboratorio cidadán de A Coruña) e o Concello de A Coruña.

Segundo matizou Vázquez neste encontro, “no último ano, a soidade entre as persoas maiores medrou un 4 por cento” que non é superior ao índice de soidade doutros grupos de poboación, pero, advertiu, “o que resulta unha verdadera situación explosiva é a combinación de o sentimento de soidade e a falta de atención á vellez”. Porque, como recordou, unha vez máis, o envellecemento non é malo por se, senon a súa falta de atención e abordaxe. “É malo ser vello?” se preguntou para insistir en que, a devandita imaxe negativa da vellez, que ainda prevalece en moitos ámbitos sociais, fae que o “maior reto ante as persoas maiores é velas e percibilas ben”.

A Comunidade máis envellecida do Estado

O presidente da SGXX subliñou que Galicia, á par de Castilla y León é a Comunidade Autónoma máis envellecida de España na que dos 2.720.700 habitantes, 661.296 maiores de 65 anos, é dicir, o 24,3 por cento, o máis alto de todo o Estado na que a media é do 18,7 por cento. E con áreas xeográficas de Lugo e Ourense nas a porcentaxe supera o 32 por cento, por enriba de zonas semellantes de Xapón, o máis envellecido do mundo.

“Existen estereotipos negativos, xeneralidades, idadismos en definitiva que extenden a imaxe de que as persoas maiores son febles, enfermos, pobres, tristes… que converte o risco de exclusión social da xente maior nunha realidade” e que, actualmente, advertiu, “é do 15 por cento”.

En concreto, Vázquez indicou que, preto do 20 por cento dos maiores españois viven sós: tres de cada dez mulleres e un de cada dez homes.

Ante este situación: “calidade de vida, envellecemento activo e positivo, labor xeriátrica, xerontoloxíca e prevención” foi a recomendación deste experto.

Un foro cidadán e institucional

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado pola concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, asistiu a este ‘Foro da Soidade’, un encontro aberto á veciñanza, celebrado no centro Ágora, no que se abordou a situación e posibilidades de cambio das persoas que viven soas na cidade. A xornada, impulsada polo proxecto Soidade, unha das iniciativas que se está a desenvolver no marco do Laboratorio Cidadán da Coruña, o Co-Lab, contou coa participación de máis de 30 persoas, entre as que se atoparon expertas do ámbito da Xerontoloxía e Xeriatría así como doutros espazos que abordan a problemática dos colectivos afectados pola soidade, como as persoas paradas de longa duración, migrantes ou con diversidade funcional, sensorial ou cognitivas.

O Foro tiña como obxectivo, tal e como lembrou o alcalde, afondar na problemática da soidade “e deseñar posibles accións para o futuro desde a participación cidadá”. “O Concello da Coruña goberna coa xente. Temos en marcha numerosos procesos e programas participativos, pero para avanzar na innovación social e democrática, puxemos en marcha este Laboratorio, para estreitar os lazos entre o goberno e a veciñanza, e transformar en común a nosa cidade. Para camiñar cara a unha sociedade máis igualitaria, cara a unha Coruña máis xusta”, dixo o rexedor. Durante a súa intervención, Ferreiro deu conta dalgunhas das medidas impulsadas nos últimos dous anos polo goberno local co obxectivo de abordar a soidade no caso da poboación de idade máis avanzada, así como de favorecer a inclusión social noutros sectores da cidadanía.

Durante o Foro da Soidade estableceuse un sistema de traballo dinámico e colaborativo para abordar, de xeito conxunto, “unha problemática que afecta cada vez a maiores porcentaxes da poboación, e que se está a converter nun dos principias motivos de preocupación na sociedade europea”, sinalou Claudia Delso. Para iso, puxéronse en común todas as ideas e iniciativas traballadas nos meses de funcionamento do proxecto Soidade, establecendo así “un mapeo de propostas“, expuxo a edil, “relacionadas cos retos identificados nos Encontros da Soidade”, as xuntanzas que se realizaron nos últimos dous meses en diversos centros cívicos da cidade. “Estes encontros participativos foron espazos de reflexión colectiva nos que, a través de metodoloxías creativas, se exploraron retos e novas ideas en torno ás circunstancias das persoas maiores que pasan a maior parte do seu tempo soas”, lembrou a responsable municipal, quen destacou que o proceso contou coa intervención de profesionais dos servizos sociais públicos e de entidades privadas, “así como de “cidadanía sensibilizada coa problemática ou persoas maiores usuarias de distintos centros e servizos socioculturais da cidade”.

Durante a xornada da mañá, o grupo –no que participaron representantes de Ecos do Sur, Cruz Vermella, Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX) e a Casa das Mulleres de Compostela— chegou a diversas conclusións respecto á situación de soidade na cidade “como a importante actividade xerada polo colectivo de persoas de idade avanzada na cidade, un sector que cada vez ten un peso máis grande a nivel demográfico, e que asume tarefas de coidados ao interior das súas familias e comunidades”, destacou Delso, “ou que determinados sectores sociais vexan agravada a súa soidade por outros factores, como poden ser as mulleres coidadoras, que contan con poucos recursos económicos e que non teñen tempos e espazos de lecer e relacionarse, ou persoas migrantes que non están de todo incorporadas a unha comunidade concreta”. En canto as propostas e solucións para abordar a problemática, o grupo apuntou á necesidade de dotar de máis medios, recursos e coordinación ao traballo entre os diferentes axentes sociais, públicos e privados que desenvolven o seu labor neste eido, así como repensar o modelo de intervención, mudando o asistencialismo por propostas participativas, incorporando ferramentas online ou promovendo a xestión comunitaria de espazos públicos para a organización de actividades. “O Foro da Soidade foi, precisamente, un espazo para fortalecer os contactos entre os diversos axentes sociais, e incorporar tamén á veciñanza sensibilizada con esta situación”, afirmou a titular da área de Participación e Innovación Democrática.

Read more

Éxito en todos os ámbitos do 29 Congreso da SGXX

Ao Congreso asistiron máis de 1.000 congresistas e 123 ponentes e se presentaron 482 comunicacións científicas

Jenny Lowick-Russel, da Dirección Sociocultural da Presidencia de Chile; Miguel Ángel Vázquez, pte. da SGXX e Enrique Vega, da Organización Panamericana de Salud.

Traballando no stand da SGXX

 

 

Un dos momentos da primeira ponencia

O presidente da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia, José Carro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(Víctor Sariego, 14/6/2017).- A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) valora moi positivamente o resultado do seu 29 Congreso celebrado os pasados 7, 8 e 9 de xuño en A Coruña. Un encontro internacional que, organizado xunto co 59 Congreso da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG) reuníu a máis de 1.000 congresistas e 123 ponentes de recoñecido prestixio de Galicia, o resto de España e países como Portugal, Suiza, EE.UU., Chile o Paragüai.

“Foi un gran éxito de convocatoria e de participación” explica o presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez, “non só na cantidade de participantes e todo tipo de propostas científicas, sociais, biolóxicas, prácticas… senon na súa calidade, rigurosidade e profesionalidade” matiza, subliñando, por exemplo que no Congreso se teñen presentado 482 comunicacións científicas, 7 simposios clínicos, 6 simposios sociais, 3 simposios biolóxicos, 5 cursos, 6 talleres e sesión especiales.

Un resultado, con poucos precedentes neste tipo de foros a nivel mundial, que o presidente da SGXX lle atribuye a alta involucración do Comité Organizador, da Xunta Directiva da propia entidade, dos ponentes, congresistas e entidades participantes a quen agradeceu profundamente a súa actividade neste Congreso.

O envellecemento galego

De feito, Vázquez recorda a enorme importancia da celebración deste Congreso e de que se faga, precisamente, en Galicia: o gran avance do envellecemento de xeito internacional que ten ademáis na Comunidade Galega particularidades específicas e únicas no mundo como a dispersión poboacional, as dificultades de levar os servizos de proximidade pola especial orografía e climatoloxía, o aillamento de moitas persoas maiores, a convivencia de dous ou maís octoxenarios na mesma vivenda… A día de hoxe e segundo datos de Eurostat de 2017, Galicia ten un envellecemento poboacional do 23,5 por cento de media (en España a media é de o 18,4 por cento) o que a converte na Comunidade máis envellecida de España e unha das dez máis envellecidas de Europa.

Un fenómeno, nunca antes visto na historia da humanidade que, “en lugar de aprecialo como unha oportunidade, nalgúns ámbitos se está a ver coma unha ameaza” e que non para de aumentar o que esixe unha nova abordaxe que dea resposta en positivo a esta situación, comenta Vázquez, integrando as experiencias e investigacións de todo os expertos en materia de envellecemento, “non só desde a liña xeriátrica, médica, clínica e científica”, como foi a pretensión e como quedou patente neste Congreso, “senón tamén desde a liña xerontolóxica e dende aqueles ámbitos que teñan en conta factores socioeconómicos, educativos, incluso a arquitectónica, os servizos de proximidade, de asistencia a domicilio e, moi importante, a rede de tecnoloxía ao servizo das persoas maiores”.

Read more