Facebook
Twitter
Suscríbete

Tag Archives: USC

A Fundación Dorzán premia un proxecto sobre a linguaxe discriminatoria coa xente maior

(Víctor Sariego, 21 de xullo de 2017).- O proxecto “Deseño dunha ferramenta de avaliación do elderspeak ou hablageria para profesionais en contornas de atención a persoas maiores” de Miguel Angel Vázquez Vázquez, profesor asociado da Facultade da Educación do campus de Ourense e, a súa vez, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) vén de gañar a primeira edición da Bolsa de Investigación da Fundación Dorzán.

Un galardón que é froito das resolucións acadadas nun convenio marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundación Dorzán, entidade privada sen ánimo de lucro, centrada no colectivo das persoas maiores. Unha das primeiras medidas deste acordo foi a convocatoria dunha bolsa de investigación para proporcionar apoio económico á realización de traballos científicos na área de atención ás persoas maiores que agora se concede á este proxecto.

O obxectivo xeral da proposta de investigación de Vázquez e, segundo él mesmo matiza, é “deseñar unha ferramenta de avaliación de elderspeak ou hablageria para os contextos de atención sociosanitaria profesionalizada” que, engade, “permita valorar a promoción de actitudes apropiadas de boa comunicación con persoas maiores e detectar situacións susceptibles de considerarse formas de sutil e involuntario maltrato cotián”.

Proba e cuestionario

Entre as ferramentas que o profesor da USC ten previsto elaborar no proxecto para acadar os seus obxectivos atópase un cuestionario que permita, indica, a “obxectiva detección e medida da linguaxe discriminatoria por razón de idade” e que denomina “Escala de Valoración do Elderspeak Ageista ou Discriminatorio por Idade” e, ademáis, varias aplicacións experimentais da ferramenta en ámbitos de coidados sociosanitarios e de atención comunitaria xerontolóxica, recorrendo a profesionais en interacción comunicativa con persoas maiores. A aplicación práctica permitirá que se leve a cabo coa idea de mellorar o deseño de propio cuestionario.

O doutor en Medicina e docente da USC salienta sobre a importancia de abordar o estudo deste tema que “a linguaxe da discriminación por idade ou edadismo é complexa e pode variar desde un comentario que pretende ser unha comunicación explicitamente positiva a unha humillación verbal” xa sexa intencional ou non intencional, subliña, que, “comunicaa hostilidade ou o insulto e que en ocasións é efectuada sen a consciencia dea agresión”. De feito, engade, “a miudo a persoa que recibe a mensaxe pode ser tamén descoñecedora do sesgo que se comunica” e, conclúe, “o máis preocupante é que estes patróns discriminatorios baseados na linguaxe normalizanse e se van facendo potencialmente internalizados pola sociedade“.

A bolsa, destinada a financiar un único traballo con 1.500 € e co plazo de presentación de candidaturas rematado en xuño pasado, estaba aberto á participación dos alumnos e alumnas matriculados durante o curso 2016-2017 na Universidade de Vigo.

 

Read more