{"id":10584,"date":"2026-10-01T08:44:04","date_gmt":"2026-10-01T06:44:04","guid":{"rendered":"https:\/\/sgxx.org\/?p=10584"},"modified":"2026-09-30T15:04:24","modified_gmt":"2026-09-30T13:04:24","slug":"entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/sgxx.org\/es\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/","title":{"rendered":"\u201cAs persoas maiores non son s\u00f3 receptoras de apoios; son cidad\u00e1ns con dereitos, experiencia, co\u00f1ecemento e unha enorme contribuci\u00f3n social\u201d \u00b7 Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, Presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda"},"content":{"rendered":"\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-heading\"><strong style=\"color: #83b8dc;\">Hoxe, 1 de outubro, cel\u00e9brase o D\u00eda Internacional das Persoas Maiores. Debe ser este d\u00eda un toque de atenci\u00f3n a administraci\u00f3ns e sociedade para impulsar o coidado aos maiores?<\/strong><\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sen d\u00fabida. Os d\u00edas internacionais son importantes porque axudan a visibilizar realidades que, con demasiada frecuencia, permanecen f\u00f3ra do debate p\u00fablico. Son unha oportunidade para reflexionar, sensibilizar e lembrar os retos e oportunidades asociados ao envellecemento. Con todo, o compromiso coas persoas maiores non pode limitarse a unha data concreta do calendario. A atenci\u00f3n, o reco\u00f1ecemento e a defensa dos seus dereitos deben formar parte da axenda pol\u00edtica e social os 365 d\u00edas do ano.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, gustar\u00edame que este d\u00eda non se entendese unicamente como un chamamento ao coidado, sen\u00f3n tam\u00e9n ao reco\u00f1ecemento. As persoas maiores non son s\u00f3 receptoras de apoios; son cidad\u00e1ns con dereitos, experiencia, co\u00f1ecemento e unha enorme contribuci\u00f3n social, familiar, cultural e econ\u00f3mica. En moitas ocasi\u00f3ns son un pilar fundamental para a cohesi\u00f3n das familias e das comunidades.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O D\u00eda Internacional das Persoas Maiores debe servir para lembrar que o envellecemento non \u00e9 un problema que resolver, sen\u00f3n unha realidade demogr\u00e1fica e social \u00e1 que debemos adaptarnos con intelixencia, planificaci\u00f3n e visi\u00f3n de futuro. Nunha sociedade cada vez m\u00e1is lonxeva, o obxectivo non debe ser unicamente vivir m\u00e1is anos, sen\u00f3n vivilos con sa\u00fade, benestar, participaci\u00f3n e dignidade. Tam\u00e9n \u00e9 unha ocasi\u00f3n para po\u00f1er o foco sobre desaf\u00edos que afectan especialmente as persoas maiores, como a soidade non desexada, o idadismo, a fraxilidade, as desigualdades territoriais ou as dificultades de acceso a determinados servizos. Pero, sobre todo, debe servir para asumir un compromiso colectivo: constru\u00edr unha sociedade que valore o envellecemento como unha etapa m\u00e1is da vida e que garanta oportunidades, apoios e participaci\u00f3n \u00e1s persoas maiores cada d\u00eda do ano.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En definitiva, m\u00e1is que un toque de atenci\u00f3n puntual, este d\u00eda debe ser un recordatorio dunha responsabilidade permanente. A forma en que unha sociedade trata \u00e1s s\u00faas persoas maiores \u00e9 un dos mellores indicadores do seu nivel de desenvolvemento, humanidade e cohesi\u00f3n social.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Debe servir para asumir un compromiso colectivo: constru\u00edr unha sociedade que valore o envellecemento como unha etapa m\u00e1is da vida e que garanta oportunidades, apoios e participaci\u00f3n \u00e1s persoas maiores cada d\u00eda do ano<\/p>\r\n<\/blockquote>\r\n\r\n\r\n<div class=\"wp-block-image\">\r\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"468\" class=\"wp-image-6164\" src=\"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-01.jpg\" alt=\"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, sentado no seu despacho\" srcset=\"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-01.jpg 800w, https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-01-300x176.jpg 300w, https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-01-768x449.jpg 768w, https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2022\/02\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-01-600x351.jpg 600w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/>\r\n<figcaption class=\"wp-element-caption\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda.<\/figcaption>\r\n<\/figure>\r\n<\/div>\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-heading\"><strong style=\"color: #83b8dc;\">Cales son os avances m\u00e1is significativos que se produciron nos \u00faltimos anos?<\/strong><\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nas \u00faltimas d\u00e9cadas avanzouse de forma significativa. Hoxe vivimos m\u00e1is anos e, en xeral, con mellor sa\u00fade que xeraci\u00f3ns anteriores. Produciuse unha mellora notable na atenci\u00f3n sanitaria, na prevenci\u00f3n de enfermidades, nos servizos sociais e na propia concepci\u00f3n do envellecemento, cada vez m\u00e1is entendida como unha etapa heterox\u00e9nea, activa e con potencial para seguir contribu\u00edndo \u00e1 sociedade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Conceptos como envellecemento activo, envellecemento saudable ou atenci\u00f3n centrada na persoa incorpor\u00e1ronse progresivamente \u00e1s pol\u00edticas p\u00fablicas e aos modelos m\u00e1is innovadores de intervenci\u00f3n. Ademais, existe unha maior sensibilidade social cara \u00e1 autonom\u00eda, a calidade de vida, a participaci\u00f3n e os dereitos das persoas maiores.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Galicia tam\u00e9n se impulsaron iniciativas relevantes para adaptar a atenci\u00f3n \u00e1s novas realidades demogr\u00e1ficas. Xunto a recursos xa consolidados, est\u00e1 a avanzarse en f\u00f3rmulas innovadoras orientadas a achegar os servizos \u00e1s persoas e a reforzar a coordinaci\u00f3n entre os sistemas sanitario e social. Neste contexto, a creaci\u00f3n dos novos centros de coidados intermedios promovidos pola Xunta representa un avance especialmente relevante, ao dar resposta a unha necesidade cada vez m\u00e1is frecuente nunha sociedade lonxeva: acompa\u00f1ar \u00e1s persoas nos procesos de recuperaci\u00f3n e transici\u00f3n tras unha hospitalizaci\u00f3n, evitando tanto ingresos hospitalarios innecesariamente prolongados como institucionalizaci\u00f3ns prematuras. Estes recursos reflicten unha evoluci\u00f3n cara a modelos de atenci\u00f3n m\u00e1is integrados, personalizados e centrados na promoci\u00f3n da autonom\u00eda, a recuperaci\u00f3n funcional e o mantemento da persoa na s\u00faa contorna habitual sempre que sexa posible.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con todo, ser\u00eda un erro caer na autocompracencia. O \u00e9xito de aumentar a esperanza de vida trae consigo novos desaf\u00edos de enorme magnitude. Cada vez haber\u00e1 m\u00e1is persoas maiores de 80 e 90 anos, m\u00e1is situaci\u00f3ns de fraxilidade, m\u00e1is casos de pluripatolog\u00eda, m\u00e1is dependencia, m\u00e1is necesidades de coidados de longa duraci\u00f3n e tam\u00e9n m\u00e1is persoas vivindo soas.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, as necesidades das persoas maiores de hoxe son diferentes \u00e1s de fai apenas d\u00faas ou tres d\u00e9cadas. Xa non basta con garantir atenci\u00f3n sanitaria ou cobertura social. Cada vez adquiren maior importancia cuesti\u00f3ns como a soidade non desexada, a sa\u00fade mental, o benestar emocional, a accesibilidade, a participaci\u00f3n social, a inclusi\u00f3n dixital ou a posibilidade de permanecer na propia contorna con autonom\u00eda e seguridade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso, o reto xa non consiste unicamente en vivir m\u00e1is anos, sen\u00f3n en garantir que eses anos se vivan con sa\u00fade, benestar, participaci\u00f3n social, autonom\u00eda e dignidade. E para logralo necesitamos unha resposta m\u00e1is proactiva. Non podemos seguir planificando os recursos ao mesmo ritmo ao que crecen as necesidades. Debemos anticiparnos aos cambios demogr\u00e1ficos, seguir innovando e fortalecer modelos de atenci\u00f3n integrados, personalizados e comunitarios que permitan responder a unha sociedade cada vez m\u00e1is lonxeva.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En definitiva, avanzamos moito e \u00e9 importante reco\u00f1ecelo, pero o verdadeiro \u00e9xito non ser\u00e1 soamente que a poboaci\u00f3n viva m\u00e1is tempo, sen\u00f3n que poida envellecer mellor, mantendo os seus proxectos de vida, as s\u00faas relaci\u00f3ns sociais e o seu papel activo dentro da comunidade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-heading\"><strong style=\"color: #83b8dc;\">Cales son as principais demandas que debemos facer \u00e1s administraci\u00f3ns?<\/strong><\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 importante reco\u00f1ecer que nos \u00faltimos anos as administraci\u00f3ns realizaron un esforzo notable para adaptar as pol\u00edticas p\u00fablicas ao envellecemento da poboaci\u00f3n. Impuls\u00e1ronse programas de envellecemento activo, reforz\u00e1ronse recursos de atenci\u00f3n e avanzouse en modelos m\u00e1is centrados na persoa. Con todo, a magnitude e a velocidade do cambio demogr\u00e1fico fan necesario seguir avanzando con decisi\u00f3n.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde unha perspectiva cient\u00edfica e social, a prioridade debe ser constru\u00edr unha sociedade verdadeiramente amigable coas persoas maiores, capaz de anticiparse \u00e1s s\u00faas necesidades e responder de xeito integral aos retos da lonxevidade. Para iso, considero fundamentais tres grandes li\u00f1as de actuaci\u00f3n.<\/p>\r\n<p><strong>A primeira \u00e9 profundar na integraci\u00f3n sociosanitaria<\/strong>. As necesidades das persoas maiores son complexas e non entenden de fronteiras administrativas entre sanidade e servizos sociais. Por iso, \u00e9 imprescindible avanzar cara a unha atenci\u00f3n m\u00e1is coordinada, continua e centrada na persoa.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Debemos anticiparnos aos cambios demogr\u00e1ficos, seguir innovando e fortalecer modelos de atenci\u00f3n integrados, personalizados e comunitarios que permitan responder a unha sociedade cada vez m\u00e1is lonxeva<\/p>\r\n<\/blockquote>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A segunda \u00e9 favorecer a permanencia na contorna habitual<\/strong>. A inmensa maior\u00eda das persoas desexan envellecer no seu fogar e na s\u00faa comunidade, mantendo os seus v\u00ednculos afectivos e sociais. Isto esixe reforzar os servizos de proximidade, a axuda a domicilio, a teleasistencia avanzada, a adaptaci\u00f3n de vivendas e os apoios comunitarios que permitan preservar a autonom\u00eda durante o maior tempo posible.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A terceira \u00e9 abordar de forma decidida dous dos grandes retos emerxentes do envellecemento: a soidade non desexada e o idadismo.<\/strong> Ambos te\u00f1en importantes repercusi\u00f3ns sobre a sa\u00fade f\u00edsica, psicol\u00f3xica e social, e requiren respostas coordinadas desde as administraci\u00f3ns, as entidades sociais e a propia comunidade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Galicia, ademais, estes desaf\u00edos adquiren unha especial relevancia debido ao noso perfil demogr\u00e1fico. Somos unha das rexi\u00f3ns m\u00e1is envellecidas de Europa e contamos con importantes diferenzas territoriais entre \u00e1reas urbanas e rurais. Esta realidade obriga a dese\u00f1ar pol\u00edticas espec\u00edficas adaptadas ao noso contexto, reforzando a accesibilidade, os recursos de proximidade e a cohesi\u00f3n territorial.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>E hai unha cuesti\u00f3n que merece unha atenci\u00f3n particular: o fortalecemento da Xeriatr\u00eda no sistema sanitario galego<\/strong>. Territorios como Ourense presentan alg\u00fans dos \u00edndices de envellecemento m\u00e1is elevados do mundo, o que esixe unha planificaci\u00f3n acorde con esa realidade. Resulta necesario seguir desenvolvendo e ampliando os servizos hospitalarios de Xeriatr\u00eda, garantindo que as persoas maiores te\u00f1an acceso a unha atenci\u00f3n especializada capaz de abordar adecuadamente problemas como a fraxilidade, a pluripatolog\u00eda, a polifarmacia ou a perda de funcionalidade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Avanzamos, sen d\u00fabida, e \u00e9 xusto reco\u00f1ecer o compromiso e o traballo realizado ata o de agora. Pero o envellecemento da poboaci\u00f3n seguir\u00e1 aumentando nas pr\u00f3ximas d\u00e9cadas e esixe manter unha visi\u00f3n de futuro. Investir hoxe en atenci\u00f3n xeri\u00e1trica, prevenci\u00f3n da dependencia, recursos comunitarios e estratexias fronte \u00e1 soidade non desexada non \u00e9 s\u00f3 unha cuesti\u00f3n asistencial; \u00e9 un investimento en sa\u00fade, benestar e cohesi\u00f3n social para toda Galicia.<\/p>\r\n\r\n\r\n<div class=\"wp-block-image\">\r\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img decoding=\"async\" width=\"676\" height=\"567\" class=\"wp-image-10590\" src=\"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/jose-maria-failde-garrido-presidente-sgxx.jpg\" alt=\"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, cun libro na man diante dunha biblioteca\" \/>\r\n<figcaption class=\"wp-element-caption\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX.<\/figcaption>\r\n<\/figure>\r\n<\/div>\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-heading\"><strong style=\"color: #83b8dc;\">A dispersi\u00f3n poboacional en Galicia \u00e9 un problema para a atenci\u00f3n das persoas maiores e para evitar o seu illamento. Que se debe facer?<\/strong><\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A dispersi\u00f3n poboacional \u00e9, sen d\u00fabida, un dos grandes desaf\u00edos do envellecemento en Galicia. Temos miles de persoas maiores que viven en pequenas aldeas e n\u00facleos rurais onde o acceso a servizos sanitarios, sociais, transporte ou actividades comunitarias resulta m\u00e1is complicado que en contornas urbanas. Esta realidade esixe respostas espec\u00edficas e adaptadas ao territorio.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Neste sentido, \u00e9 xusto reco\u00f1ecer o esforzo que ve\u00f1en realizando tanto a Administraci\u00f3n auton\u00f3mica como moitos concellos galegos para achegar recursos \u00e1s persoas maiores. Iniciativas como as Casas do Maior, os programas de atenci\u00f3n domiciliaria, a teleasistencia, os centros de d\u00eda de proximidade ou diferentes proxectos comunitarios desenvolvidos desde o \u00e1mbito local representan exemplos de innovaci\u00f3n social que intentan responder \u00e1s particularidades do territorio galego. Son experiencias valiosas porque parten dunha idea fundamental: cando as persoas te\u00f1en dificultades para acceder aos servizos, son os servizos os que deben achegarse \u00e1s persoas.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Agora ben, a\u00ednda que se deron pasos importantes, o desaf\u00edo segue sendo enorme. O envellecemento da poboaci\u00f3n, a diminuci\u00f3n de habitantes en moitas zonas rurais e o incremento de persoas que viven soas obrigan a seguir reforzando e ampliando estes recursos. Non basta con garantir a atenci\u00f3n b\u00e1sica; \u00e9 necesario promover tam\u00e9n oportunidades de participaci\u00f3n social, relaci\u00f3ns significativas e unha vida activa na comunidade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso, al\u00e9n de fortalecer a atenci\u00f3n domiciliaria e os apoios profesionais, debemos avanzar en soluci\u00f3ns que faciliten a mobilidade, melloren a conectividade dixital e multipliquen os espazos de encontro.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Galicia contamos ademais cun activo extraordinario: o forte arraigamento comunitario que a\u00ednda persiste en moitos municipios rurais. As redes veci\u00f1ais, o asociacionismo, os programas interxeracionais e as iniciativas impulsadas desde os propios concellos poden desempe\u00f1ar un papel tan importante como alg\u00fans servizos formais. O reto dos pr\u00f3ximos anos ser\u00e1 combinar a innovaci\u00f3n tecnol\u00f3xica e profesional con ese valioso capital social que caracteriza a moitas comunidades galegas.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En definitiva, a dispersi\u00f3n poboacional seguir\u00e1 sendo un reto estrutural, pero non debe converterse nunha condena ao illamento. Galicia est\u00e1 a demostrar que \u00e9 posible desenvolver soluci\u00f3ns innovadoras adaptadas ao medio rural.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-heading\"><strong style=\"color: #83b8dc;\">Como evitar a soidade non desexada, un dos grandes problemas actuais?<\/strong><\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O primeiro \u00e9 entender que a soidade non desexada non consiste simplemente en vivir s\u00f3. Hai persoas que viven soas e non senten soas, e outras que est\u00e1n rodeadas de xente pero experimentan unha profunda sensaci\u00f3n de desconexi\u00f3n social. Por iso, a soidade non desexada debe abordarse como un fen\u00f3meno complexo, con dimensi\u00f3ns emocionais, relacionais e comunitarias.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A resposta tampouco pode limitarse a aumentar actividades ou recursos de xeito illado. O verdadeiramente importante \u00e9 favorecer relaci\u00f3ns significativas, fortalecer os v\u00ednculos interpersoais e promover un aut\u00e9ntico sentimento de pertenza \u00e1 comunidade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A prevenci\u00f3n comeza moito antes da vellez. Debemos dese\u00f1ar barrios, pobos e cidades que favorezan o encontro, a participaci\u00f3n e as redes de apoio mutuo. Cando unha persoa perde \u00e1 s\u00faa parella, ve reducida a s\u00faa mobilidade, xub\u00edlase ou dimin\u00faen os seus contactos sociais, \u00e9 fundamental detectar precozmente as situaci\u00f3ns de risco e actuar antes de que o illamento se consolide.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso, combater a soidade non desexada sup\u00f3n apostar por territorios e espazos inclusivos, capaces de xerar oportunidades de interacci\u00f3n e participaci\u00f3n para todas as idades. As contornas amigables coas persoas maiores, os programas interxeracionais, o asociacionismo, o voluntariado ou os espazos comunitarios desempe\u00f1an un papel fundamental neste obxectivo.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, necesitamos enfoques m\u00e1is proactivos que reactivos. Tradicionalmente intervi\u00f1emos cando a soidade xa era un problema evidente. O reto agora \u00e9 promocionar activamente a conexi\u00f3n social como un determinante esencial do benestar e da sa\u00fade. Igual que promovemos h\u00e1bitos saudables para previr enfermidades, debemos promover oportunidades de participaci\u00f3n e relaci\u00f3ns sociais para previr a soidade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde a investigaci\u00f3n sabemos que as intervenci\u00f3ns m\u00e1is eficaces son aquelas que combinan participaci\u00f3n social, apoio comunitario e protagonismo das propias persoas maiores. Non se trata de facer cousas para elas, sen\u00f3n con elas. As persoas maiores deben formar parte da soluci\u00f3n, contribu\u00edndo activamente \u00e1 vida comunitaria e non unicamente como destinatarias de intervenci\u00f3ns.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para rematar, tam\u00e9n debemos combater o idadismo. Unha sociedade que transmite a idea de que envellecer significa deixar de achegar favorece a exclusi\u00f3n e o illamento. En cambio, cando reco\u00f1ecemos o valor, a experiencia e a contribuci\u00f3n das persoas maiores, aumentan as s\u00faas oportunidades de participaci\u00f3n e dimin\u00fae o risco de soidade.<\/p>\r\n\r\n\r\n\r\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A gran lecci\u00f3n \u00e9 que a soidade non desexada non \u00e9 un problema individual, sen\u00f3n un reto colectivo. A s\u00faa prevenci\u00f3n depende da implicaci\u00f3n conxunta de administraci\u00f3ns, profesionais, entidades sociais, familias e cidadan\u00eda. En definitiva, a mellor estratexia contra a soidade non desexada \u00e9 constru\u00edr comunidades m\u00e1is inclusivas, m\u00e1is conectadas e m\u00e1is participativas, onde as relaci\u00f3ns sociais non se consideren un complemento do benestar, sen\u00f3n un dos seus piares fundamentais.<\/p>\r\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe, 1 de outubro, cel\u00e9brase o D\u00eda Internacional das Persoas Maiores. Debe ser este d\u00eda un toque de atenci\u00f3n a administraci\u00f3ns e sociedade para impulsar o coidado aos maiores? Sen d\u00fabida. Os d\u00edas internacionais son importantes porque axudan a visibilizar realidades que, con demasiada frecuencia, permanecen f\u00f3ra do debate p\u00fablico. Son unha oportunidade para reflexionar, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":10583,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6],"tags":[],"class_list":["post-10584","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-actualidade"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.3 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Entrevista a Jos\u00e9 M\u00aa Failde: D\u00eda Internacional das Persoas Maiores<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, reflexiona no D\u00eda Internacional das Persoas Maiores sobre coidados, reco\u00f1ecemento e soidade non desexada.\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Entrevista a Jos\u00e9 M\u00aa Failde: D\u00eda Internacional das Persoas Maiores\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, reflexiona no D\u00eda Internacional das Persoas Maiores sobre coidados, reco\u00f1ecemento e soidade non desexada.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"SGXX\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/es-es.facebook.com\/pages\/Sociedade-Galega-Xerontoloxia-e-Xeriatria\/327400652646\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-10-01T06:44:04+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"600\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"400\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"SGXX\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"SGXX\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"13 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"SGXX\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/86e150fcc3bc49d284f76a6cc1c4ef86\"},\"headline\":\"\u201cAs persoas maiores non son s\u00f3 receptoras de apoios; son cidad\u00e1ns con dereitos, experiencia, co\u00f1ecemento e unha enorme contribuci\u00f3n social\u201d \u00b7 Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, Presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda\",\"datePublished\":\"2026-10-01T06:44:04+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/\"},\"wordCount\":2450,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/09\\\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg\",\"articleSection\":[\"Actualidade\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/\",\"name\":\"Entrevista a Jos\u00e9 M\u00aa Failde: D\u00eda Internacional das Persoas Maiores\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/09\\\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg\",\"datePublished\":\"2026-10-01T06:44:04+00:00\",\"description\":\"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, reflexiona no D\u00eda Internacional das Persoas Maiores sobre coidados, reco\u00f1ecemento e soidade non desexada.\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/09\\\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/09\\\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg\",\"width\":600,\"height\":400,\"caption\":\"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda\"},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/es\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"\u201cAs persoas maiores non son s\u00f3 receptoras de apoios; son cidad\u00e1ns con dereitos, experiencia, co\u00f1ecemento e unha enorme contribuci\u00f3n social\u201d \u00b7 Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, Presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/\",\"name\":\"SGXX\",\"description\":\"Web da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#organization\",\"name\":\"Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda (SGXX)\",\"url\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2016\\\/09\\\/sgxx-logo-1.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2016\\\/09\\\/sgxx-logo-1.png\",\"width\":200,\"height\":200,\"caption\":\"Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda (SGXX)\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/es-es.facebook.com\\\/pages\\\/Sociedade-Galega-Xerontoloxia-e-Xeriatria\\\/327400652646\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/sgxx.org\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/86e150fcc3bc49d284f76a6cc1c4ef86\",\"name\":\"SGXX\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/f0259ab3f48568e6e84a24fac0aeebe3a5fa1cd3c77ade7cfd1b6d8bd76c122c?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/f0259ab3f48568e6e84a24fac0aeebe3a5fa1cd3c77ade7cfd1b6d8bd76c122c?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/f0259ab3f48568e6e84a24fac0aeebe3a5fa1cd3c77ade7cfd1b6d8bd76c122c?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"SGXX\"}}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Entrevista a Jos\u00e9 M\u00aa Failde: D\u00eda Internacional das Persoas Maiores","description":"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, reflexiona no D\u00eda Internacional das Persoas Maiores sobre coidados, reco\u00f1ecemento e soidade non desexada.","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Entrevista a Jos\u00e9 M\u00aa Failde: D\u00eda Internacional das Persoas Maiores","og_description":"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, reflexiona no D\u00eda Internacional das Persoas Maiores sobre coidados, reco\u00f1ecemento e soidade non desexada.","og_url":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/","og_site_name":"SGXX","article_publisher":"https:\/\/es-es.facebook.com\/pages\/Sociedade-Galega-Xerontoloxia-e-Xeriatria\/327400652646","article_published_time":"2026-10-01T06:44:04+00:00","og_image":[{"width":600,"height":400,"url":"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"SGXX","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"SGXX","Tiempo de lectura":"13 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/"},"author":{"name":"SGXX","@id":"https:\/\/sgxx.org\/#\/schema\/person\/86e150fcc3bc49d284f76a6cc1c4ef86"},"headline":"\u201cAs persoas maiores non son s\u00f3 receptoras de apoios; son cidad\u00e1ns con dereitos, experiencia, co\u00f1ecemento e unha enorme contribuci\u00f3n social\u201d \u00b7 Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, Presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda","datePublished":"2026-10-01T06:44:04+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/"},"wordCount":2450,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg","articleSection":["Actualidade"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/","url":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/","name":"Entrevista a Jos\u00e9 M\u00aa Failde: D\u00eda Internacional das Persoas Maiores","isPartOf":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg","datePublished":"2026-10-01T06:44:04+00:00","description":"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da SGXX, reflexiona no D\u00eda Internacional das Persoas Maiores sobre coidados, reco\u00f1ecemento e soidade non desexada.","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#primaryimage","url":"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg","contentUrl":"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/sgxx-entrevista-josemaria-failde-600x400.jpg","width":600,"height":400,"caption":"Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda"},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/sgxx.org\/entrevista-jose-maria-failde-dia-internacional-persoas-maiores\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/sgxx.org\/es\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"\u201cAs persoas maiores non son s\u00f3 receptoras de apoios; son cidad\u00e1ns con dereitos, experiencia, co\u00f1ecemento e unha enorme contribuci\u00f3n social\u201d \u00b7 Jos\u00e9 Mar\u00eda Failde Garrido, Presidente da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/sgxx.org\/#website","url":"https:\/\/sgxx.org\/","name":"SGXX","description":"Web da Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda","publisher":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/sgxx.org\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/sgxx.org\/#organization","name":"Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda (SGXX)","url":"https:\/\/sgxx.org\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/sgxx.org\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/sgxx-logo-1.png","contentUrl":"https:\/\/sgxx.org\/wp-content\/uploads\/2016\/09\/sgxx-logo-1.png","width":200,"height":200,"caption":"Sociedade Galega de Xerontolox\u00eda e Xeriatr\u00eda (SGXX)"},"image":{"@id":"https:\/\/sgxx.org\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/es-es.facebook.com\/pages\/Sociedade-Galega-Xerontoloxia-e-Xeriatria\/327400652646"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/sgxx.org\/#\/schema\/person\/86e150fcc3bc49d284f76a6cc1c4ef86","name":"SGXX","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/f0259ab3f48568e6e84a24fac0aeebe3a5fa1cd3c77ade7cfd1b6d8bd76c122c?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/f0259ab3f48568e6e84a24fac0aeebe3a5fa1cd3c77ade7cfd1b6d8bd76c122c?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/f0259ab3f48568e6e84a24fac0aeebe3a5fa1cd3c77ade7cfd1b6d8bd76c122c?s=96&d=mm&r=g","caption":"SGXX"}}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10584","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10584"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10584\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10598,"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10584\/revisions\/10598"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10583"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10584"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10584"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/sgxx.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10584"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}