A SGXX é una sociedade científica e profesional formada xa en 1988 por profesionais de diferente formación e actividade, comprometidos co apoio á vida e á saúde dos Maiores.

Durante esta crise provocada pola pandemia da COVID-19, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) tamén tivo liderado iniciativas, propostas e proxectos para evitar os contagios masivos nas Residencias e dar resposta ás persoas Maiores doentes.

Agora, seguimos traballando para aportarlles máis calidade de vida, dar unha correcta atención ás persoas e mellorar as actividades profesionais.

Si queres participar na mellora da sociedade na que vives e dos Maiores desde a túa perspectiva profesional, únete a nós.

Faite socio/a.
A ti necesitámoste moito, xa que es moi importante, por iso nos segues.

Si xa estás na SGXX convida ao teu amigo/a, teu compañeiro ou compañeira a facerse socio/a. Crecendo somos máis.

Máis información sobre altas, condicións e cuotas de socio na web da SGXX.

¿Cales son os fins da SGXX?
A través das nosas actividades, a SGXX traballa para:

Promover iniciativas de medidas para a prevención e mellora da calidade de vida dos Maiores.

Asesorar e apoiar aos organismos públicos e privados que interveñen nos coidados das persoas maiores.

Colaborar con outras institucións e asociacións que teñan como finalidade o obxectivos da SGXX.

Fomentar o estudo e as investigacións no área dos coñecementos sobre o proceso de envejecimiento humano.

Actividades da SGXX
e vantaxes para o socio e socia:

Sendo socio/a de a SGXX, ademais de contribuír a mellora da calidade de vida dos Maiores, poderás congtar con algunhas vantaxes como:

  • Asistir, con condicións especiais, ao Congreso anual da Sociedade, que xa celebrou 31 edicións, algunas internacionais.
  • Poderás optar ás 15 becas de inscripción de Congreso.
  • En cada Congreso a SGXX entrega 2 Premios ás mellores comunicacións orais e 1 Premio ao mellor poster/video dotados con 600 euros cada un.

E tamén podes:

  • Participar e avaliar as actividades de Formación e investigación e as Guías técnicas e manuais que a SGXX elabora.
  • Asistir, con condicións especiais, aos cursos de formación e simposios nas áreas de medicina, enfermería, psicología, rehabilitación, traballo social, educación social, terapia ocupacional, xestión de centros, animación sociocultural e outras.
  • Participar nos grupos de traballo e colaboración técnica.
  • Optar a Becas de Estancias Formativas e Becas de Investigación (ata 3.000 euros cada unha).
  • Recibir información continuada e contrastada sobre gerontología e geriatría

A Sociedade necesita de máis persoas que participen e apoien mellórar da calidade de vida dos seus maiores. Axúdanos a construír unha sociedade mellor, únete á SGXX.

Un pobo que apoia aos Maiores é bo e xeneroso.

Empeza a escribir e presiona "Intro" para buscar