Organizada pola Real Academia de Medicina e Cirurxía e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría celebrouse o pasado día 5 de xullo na sede da Real Academia de Medicina e Cirurxía, a conferencia maxistral do Prof. José Manuel Ribera Casado, Catedrático emérito de Xeriatría da Universidade Complutense de Madrid que versou sobre a Actualidade da Xeriatría. Nela o Prof. Ribera Casado expuxo o desenvolvemento da disciplina de Xeriatría dende a utilización por primeira vez do nome por Nascher ata a actualidade, facendo mención á necesidade de incrementar o número de xeriatras no sistema hospitalario.
Artículos recientes