Entrevista a Arturo Pereiro, director de la Cátedra institucional Cruz Roja-USC para la mejora de la calidad de vida de las personas mayores, fala do curso de formación continua que vai comezar este venres, 8 de xullo, na Asemblea de Cruz Vermella en Santiago de Compostela.

A Cátedra Cruz Roja-USC organiza o curso de verán ‘Maiores e calidade de vida: soidade non desexada en adultos maiores’ ¿Cales son os principais temas que se abordarán?

O curso aborda as diferentes perspectivas da soidade, facendo especial énfasis na soidade non desexada, que é a que afecta de maneira máis negativa a saúde física e mental das persoas en xeral e dos maiores en particular.

Organizamos os contidos formativos tendo en conta dos contextos. Un que sería o comunitario, dirixido a analizar aqueles factores relevantes das propostas de intervención coas persoas que viven na comunidade, nas súas casas, xa sexa sós ou cos seus familaires. A outra está centrada no ámbito institucional. Naquelas persoas que polas súas peculiares características psicosociáis ou de saúde, están de maneira permanente, ou parcial, en centros de estancias diurnas ou residencias.

Consideramos que é un contexto as veces olvidado, porque cando falamos de persoas maiores soas, pensamos sobre todo en quenes quedron aillados nos seus fogares porque teñen problemas de mobilidade, porque as redes sociais están muy empobrecidas, porque os seus familiares non poden atenderlos, etcétera,…

E, ás veces, esquecémonos daqueles e aquelas que están rodeadas de outras persoas pero que poden experimentar a soidade de una maneira máis severa que os que viven na súa contorna.

Para isto contamos con profesionais, profesores e investigadores de gran relevancia a nivel nacional, moitos deles que son de fora da nosa Comunidade. Temos a Lía Araújo, que é una investigadora portuguesa que traballa en calidade de vida, e nos vai contar a relación que ten a soidade con este gran constructo; a  Sacramento Pinazo da Univeridade de Valencia, coa que estamos a colaborar nalgúns proxectos de investigación; e tamén participará Javier Yanguas, que é moi relvante en investigación xerontolóxica; Sara Marsillas que traballa como psicóloga da Fundación Matia.; e temos algún investigador portugués que traballa no ámbito das novas tecnoloxías, Pedro Alfonso Lebre.

Ademáis, colaboran algúns profesionais da Cruz Vermella; o xeriatra Miguel Ángel Vázquez; e algún membros do grupo de traballo do Colexio Oficial de Psicolóxía, que desenvolverán un taller; Por últomo, resaltar a Xaime Fandiño que, sobre todo, é un activista a prol dos dereitos das persoas maiores.

 

A quen se dirixe principalmente?

En principio o curso está pensado para profesionais en formación o que estén traballando, sin distinción de disciplina.

Por suposto, se dirixe a psicólogos, xeriatras, enfermeiras auxiliares, sociólogos, traballadores sociais, é dicir, a todos os que traballan no ámbito da atención as persoas maiores ou que se están formando neste ámbito.

 

O relatorio de apertura, que imparte Miguel Ángel Vázquez, leva por título ‘Calidade de vida, utopía ou realidade’. Vostede, que respodería a esta pregunta?

Pode chamar a atención falar de calidade devida nos maiores cando sabemos que uhna parte delas experimentan importantes perdas que están relacionadas con ese aspecto, como diminución de ingresos, menos relacións sociais, perdas no ámbito da saúde, etcétera. Con todo, non podemos perder de vista que a calidade de vida depende máis de indicadores subxectivos que obxectivos, é dicir, a percepción que ten a propia persoa de todos estos aspectos importa máis que as medidas obxectivas que pudiéramos tomar delas.

Polo tanto, é moi relevante falar de calidade de vida e saber cales son os factores que, a pesar das condicións obxectivas, fan resilientes ós suxeitos e cando se les pregunta sobre o seu benestar, declaran niveles que parecen inesperados e positivos.

 

A cátedra presentou o estudo sobre o impacto da covid-19 na calidade de vida das persoas maiores. Que conclusións sacaron?

Ese estudio fíxose baixo a dirección do anterior director da Cátedra, e polo tanto, eu coñezo o estudio pero non participei nel. Os resultados que nos presentaron sinalan que as persoas maiores en termos xerais sufriron as consecuencias da pandemia e o confinamiento e as experimentaron como algo indesexable, pero o impacto que declaran que tivo nas suas vidas e na súa saúde, non e tran grande como se esperaba, nin é tan acusado como o que se produciu en mozos e en adultos.

Aqueles aspectos que valoran peor os maiores sobre a pandemia son, en gran medida, a imaxe que se trasladou deles sobre todo nos medios de comunicación, e tamén algunhas das medidas legáis ou normativas que se establecieron específicamente para este grupo social, e que as entenderon como discriminatorias. Hai que sinalar que o estudio fíxose con persoas que viven nas súas casas, que están ben integrados e sen problemas de saúde relevantes.

Pero hai que resaltar que na pandemia, as persoas maoires mostraron una gran resiliencia, tendo en conta que era una infección que afectaba particularmente as persoas de idade polas súas condicións de saúde e, a pesar desto, foron capaces de resistir.

Este dato é algo que se repite con frecuencia nas investigacións. No estudo que fixemos nas residencias, estivemos a valorar como evolucionaba o estado cognitivo en dous ou tres aspectos ante esta pandemia, tamén o estado afectivo e o funcional. O que atopamos é que cando comparamos esa evolución con medidas prepandemia, únicamente nunha medida funcional o confinamento causou un agravemento dese ítem, tendo que ver coa reducción da mobilidade. No resto de medidas no atopabámos que o cambio fose máis grande do que se observaba antes da pandemia.

 

Cales son as principais estratexias para combater a soidade non desexada das que se falarán no curso?

Esa parte de curso abordará la necesidad dun cambio de modelo no ámbito asistencia que se preocupe moito máis por crear un entorno de vida máis parecido a la vida real. Eso pasa por entornos que exisan una mayor implicación da persoa maior e un maior intercambio, as relacións sociais se basan en gran medida en esto, creamos un ecosistema que favorece a participación e o intercambio de ideas, opinións, desexos, etcétera.

Na actualidade, a persoas que viven en residencias atópanse nun contexto no que se satisfacen a súas necesidades básicas, pero as relacións sociais son bastante superfluas. Polo tanto, se non cambiamos o contexto, non podremos combatir a soidade non desexada, porque estaremos incluindo a unha persoa nun entorno donde as realcións sociais non son significativas o non se perciben como tal. Probablemente neste aspecto será no que se centren os expertos que falarán no curso.

 

Autora: Cristina Villanueva

Empieza a escribir y presiona "Intro" para buscar