Os pasados 10, 11 e 12 de xuño celebrouse no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o XVI Seminario de Atención ás Persoas Maiores de Comisións Obreiras de Galicia. Ó longo das tres xornadas abordaronse cuestións como a garantía de futuro das pensións públicas, a brecha de xénero nestas prestacións, a atención á dependencia ou a calidade de vida e benestar das persoas maiores.
O doutor Miguel Ángel Vázquez, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría participou hoxe nunha mesa de debate sobre Calidade de vida e Benestar Social xunto con Rosa Fontaíña Pazos, Presidenta da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo. Podes descargar o programa completo aquí.
Artículos recientes