en Actividades e Congresos

O próximo 18 de setembro ás 20:00 horas o Doutor Miguel Ángel Vázquez, Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría participará nunha Charla-Coloquio sobre Lonxevidade que se celebrará no Salón de Plenos do Concello de Cangas. A Charla-Coloquio, titulada “Lonxevidade. Unha sociedade para vivir máis de 100 anos” está organizada pola Asociación “A Voz da Sanidade de Cangas”, e a inscripción está aberta para os interesados.

Na charla debatirase sobre lonxevidade humana, bioxerontoloxía e sociedade, sobre as posibilidades de participación activa das persoas maiores na sociedade, e sobre a necesidade de creación de redes e movementos de apoyo ás persoas vulnerables. O marco de espacio do coloquio permitirá abordar os necesarios compromisos para construir unha sociedade solidaria, promover accións de mellora dos servicios de apoio xeriátrico e establecer metas que permitan mellorar o noso presente e o noso futuro.

 

Artículos recientes