en Actualidade

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e a Asociación O Castro traballarán xuntas para impulsar un novo proxecto a nivel comarcal que loitará contra o Idadismo no Salnés.

Tras una reunión na que estiveron presentes o presidente da Asociación O Castro, José Sabarís Casal, o presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, José María Faílde, o Xeriatra, Miguel Ángel Vázquez, o psicólogo Juan Carlos Maneiro e a secretaria da asociación vilanovesa, Fátima Rey, acordaron compartir sinerxias e experiencias, partindo de dúas actuacións que no ámbito das persoas maiores está a levar a cabo a asociación O Castro: o ‘Proxecto Envellece Comigo’ e o ‘Proxecto Envellecemento Activo no Rural’.

Ambas entidades acordaron traballar xuntas para impulsar dos iniciativas que loiten contra o idadismo e os estereotipos do colectivo.

En primeiro lugar, farase una xuntanza cos alcaldes da comarca do Salnés, co obxectivo de presentar un preproxecto común para combatir a lacra do Idadismo nos concellos da comarca, comezando cunha charla de sensibilización, pero cunha continuidade clara de cara a por en marcha accións concretas.

En segundo lugar, ambas entidades acordaron deseñar un preproxecto sobre o idadismo no Salnés, coas seguintes liñas de actuación: visibilizar o Idadismo e modificar culturalmente os estereotipos e autoestereotipos no seu ámbito; realizar accións no eido lexislativo; desenvolver programas cos profesionais da saúde no ámbito da sensibilización do idadismo, así coma na prevención e promoción da saúde; fomentar actividades interxeracionais, creando espazos para unha convivencia con continuidade; promover actividades contra o idadismo nos centros educativos; e organizar obradoiros de voluntariado para crear unha base sólida dende a que se poidan levar a cabo as accións descritas no proxecto.

Tras este primeiro contacto, ambas entidades reuniranse nunhas semanas para seguir traballando neste proxecto pioneiro a nivel nacional, que conta có respaldo da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, así coma da Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo.

 

Artículos recientes