A 
As conferencias e coloquios, que comezan o próximo día 28 deste mes e prolongaranse ata maio de 2022, desenvolveranse no centro social de Outes, a partir das 18.30 horas.
A inauguración do ciclo, o día 28 de outubro, estará a cargo do doutor José María Fandiño Fernández, especialista de Oftalmoloxía do CHUS e profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC), que falará sobre os problemas oftalmolóxicos máis frecuentes.
Os asistentes terán unha certificación da USC pola participación nas xornadas cunha duración de 16 horas.
As persoas que desexen asistir deberán reservar a súa praza previamente chamando ao teléfono 981 850 575, ou ben enviando un correo electrónico a censocial@hotmail.com.
Hai prazas ata completar aforo.



