en Actualidade

 

Con motivo das XIV Xornadas de Información Socio-Sanitaria de Serra de Outes, desde a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría entrevistamos a D. Xosé María Dios Diz, coordinador desta actividade desde hai xa vintecatro anos, Médico Especialista de Atención Primaria, Máster en Xeriatría, Licenciado en Medicina Xeriátrica e Doutor ca Tese “Prevalencia da Incontinencia Urinaria en Galicia e en España” do ano 2009.

1.Cal é o obxectivo que quere aportarlle á comunidade de Serra de Outes co desenvolvemento destas xornadas de información sociosanitaria?

Sobre todo dedicarlle @s cidadáns o tempo necesario para poder explicar o que é a enfermidade en concreto que padecen, a prevención da saúde, que considero é necesaria para non enfermar e poder contar ca colaboración da persoa para efectivizar as medidas hixiénico-diatético-sanitarias, que precisa para non enfermar. Nas consultas non temos moito tempo para todo ísto e foi polo que  programamos estas Xornadas (que así se chaman: de Información SocioSanitaria). A resposta foi tan importante que por iso teñen continuidade.

2. Como médico de atención primaria, e polo tanto especialista no que ten que ver coa prevención primaria e secundaria, que cree vostede que cabería facer coas persoas maiores do seu municipio para que teñan mellor calidade de vida?

A realidade é que a persoa maior é moi consciente do que lle sucede. Nós, como profesionais, o que temos é que encauzar o que nós sabemos ó que sabe a persoa. É fácil si ésta está receptiva o que lle dís… e en Outes, temos a sorte de contar con grandes profesionais, non só Médic@s, tamén de Enfermaría, Traballo Social, PSX, etc…que formamos un verdadeiro Equipo de Atención Primaria, con programas o marxen do que nos pide o sistema: programa de Hipertrofia Benigna de Próstata, de Incontinencia Urinaria, de Cirurxía Menor, etc…A persoa maior, é iso: maior e como tal debe ser tratada no seu conxunto…pero sempre contando ca persoa.

 

3. Estas xornadas son xa un referente na provincia da Coruña no ámbito da Atención Primaria, que tería vostede que contar que poidese animar a outros profesionais da atención primaria para desenvolver accións parecidas?

Pois non son só un referente na provincia da Coruña, o son en Galicia…e que sepamos no estado español (xa o investigamos e en ningún lugar se celebra un evento parecido). Que levemos 24 anos facéndoas, en ciclos de 8 conferencias-coloquio, con 105 conferencias ata o día de hoxe, con relator@s do primeiro nivel clínico e universitario, que van, cada último xoves do mes, dende outubro a maio (curso escolar)… só pode manterse polo interese das mesmas e da xente que acude. Entre 40-50 persoas veñen a cada conferencia, con picos de máis de 100 persoas en algunha delas (recordo a do Profesor Jimenez Herrero que tivemos que ampliar o lugar de celebración das charlas, pois a xente non collía no lugar previsto). É dende logo, unha satisfacción ver a resposta da xente e das colaboracións cas que contamos … e tería que ser un alicente para que outr@s profesionais fixeran ísto ou algo parecido; a Sanidade Pública Galega o agradecería e @s asegurad@s estarían mellor informados.

 

4. Cal é a súa maior satisfacción nestes anos co desenvolvemento destas xornadas?

O saber que cada vez que falo cun/ha profesional para que veña a Outes a dar unha charla-coloquio, ninguén me dixo nunca que non. Tamén o de ter moitos temas aínda por tratar e saber que canto máis sabes, ou máis fas cousas deste tipo…máis sabes o pouco que sabemos….

Ver á xente o final das charlas, como pregunta o/a poñente de turno, como xente que non pode falar en público me entrega as preguntas que lle gustaría preguntar e ver, as veces, no brete en que meten o/a relator/a (e a min tamén) con preguntas moi difíciles de responder (a xente sabe do que lle pasa, moitas veces máis que o/a profesional), é moi interesante. Pero nós compremetémosnos sempre, que si algo non sabemos responder no momento…en 48 horas terán a resposta no seu teléfono para resolver as súas preguntas.

 

5. Por último, que destacaría do programa de información sociosanitaria deste ano como máis relevante para o municipio ou para as persoas que queran asistir a estas xornadas?

Destacaría…todo.

Eu sempre estou moi satisfeito do resultado de cada programa. A dedicación que lle poño o tema é moita e destacar a uns/has ou outros/as non o podo facer. O nivel d@s relator@s é moi alto, e os títulos das charlas está moi acaídos ó que sucede cada día nas consultas, pero temas como a diabetes, o envellecemento activo e con calidade de vida, a HTA, a elevación do Colesterol ou os factores de risco cardiovascular son conferencias que sempre teñen moito éxito.

O que nós facemos é para a xente e así o recoñecen, pois no tempo en que non as temos, preguntan “e cándo empezan as charlas”?

Podedes descargar o programa das Xornadas aquí.

Artículos recientes
Xornadas Información Sociosanitaria de OutesI Xornadas de traballo: atención sociosanitaria ás persoas maiores do Concello de Lugo