en Actualidade

Vigo, 17 de outubro de 2022. O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Faílde, inaugurará a XVII edición da Xornadas de información  sociosanitaria de Outes, que terá lugar o 27 de outubro as 18:30 horas na Casa de Cultura de Outes (A Coruña).

José María Failde impartirá o relatorio ‘Envellecemento Activo. Idadismo, Soidade’ na que falará sobre estes temas tan actuais e importantes no ámbito da atención ás persoas maiores.

As xornadas de información sociosanitaria de Outes, promovidas polo médico especialista de Atención Primaria Xosé María Dios Diz, levan xa dezasete anos celebrándose. O ciclo, que profunda en diversos temas de interese para a cidadanía, conta coa colaboración da Universidade de Santiago, o Concello de Outes, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, a Asociación Adisbismur e a entidade Terra de Outes.

Esta iniciativa formativa componse dun programa de oito conferencias que se desenvolverán de outubro a maio -o último xoves de cada mes- na casa de cultura da localidade da Coruña.

Para asistir as conferencias é necesario inscribirse no teléfono 981 850 575.

Os asistentes terán una certificación da USC pola participación nas xornadas cunha duración de 16 horas.

Ler o programa completo

Artículos recientes
A SGXX presenta un curso gratuito e on-line dirixido a coidadores de persoas maiores dependientes