en Actualidade

Xornadas Información Sociosanitaria de Outes

O pasado xoves 31 de outubro o Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, o Doutor Miguel Ángel Vázquez inaugurou as Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes cunha ponencia sobre envellecemento e calidade de vida. Estas Xornadas, xa na súa 14ª edición, están dirixidas polo Doutor José María Dios Diz, médico de atención primaria, diplomado en medicina xeriátrica e socio da SGXX. O ciclo de conferencias tén como obxectivo achegar ós veciños de Serra de Outes, da man de diversos profesionais de referencia, os temas de actualidade en materia sanitaria,  tornándose nun excelente referente de información, formación e educación para a saúde dentro do entorno rural galego.

Ata o 28 de maio, o último xoves de cada mes terán lugar outras conferencias, sempre ás 18:30 no Centro Social de Outes. Entre outros nomes destacamos a participación de Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe da sección de endocrinoloxía do CHUS, que falará sobre diabetes; a de Antonio Pose Reino, do servicio de medicina interna do mesmo hospital, que abordará os factores de riesgo cardiovascular, ou a do xefe de pediatría do Chus, Federico Martiñón, que analizará as enfermedades máis frecuentes en nenos. Para máis información: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/outes/2019/10/26/actualidad-sanitaria-vuelve-palestra-outes/0003_201910B26C99910.htm

 

 

Artículos recientes