In Actualidade, COVID-19

Descarga o documento de Posicionamento da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría ante a situación actual nas residencias de persoas maiores

[texto completo]

Como profesionais especializados na investigación, docencia e atención ás persoas Maiores, dende esta Sociedade  Galega de  Xerontoloxía e  Xeriatría, queremos mostrar todo o noso apoio ás persoas que traballan no sector residencial, así como explicar unha serie de puntos que están a levar a confusións ou malas interpretacións por parte da sociedade.

Ademáis, queremos contribuir a dignificar os coidados xeriátricos e aportar una visión obxectiva que reduza a angustia e aporte tranquilidade as familias das persoas Maiores que son atendidas nestes servicios, conscentes da calidade dos apoios e coidados que se lles presta en España e en Galicia as persoas de maior idade.

O coronavirus que causa a enfermidade COVID-19 é altamente contaxioso. Dende a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría queremos resaltar que o Sistema Sanitario actualmente establecido non estaba nin está preparado para facer fronte a unha pandemia.

Os Servizos Sociais son un sistema integrado de protección social orientado a prestar prestacións e servizos á poboación para facer que mellore a súa calidade de vida. Esta protección social se establece prioritariamente dende dous ámbitos: a Atención Primaria (Servizos Sociais dos Concellos e Centros de Saúde) e atención especializada dirixida a distintas áreas da poboación; entre elas está a atención ás persoas maiores con recursos como: residencias, centros de día, programas de axuda no fogar e outros.

Polo tanto, podemos afirmar que as Residencias de persoas Maiores forman parte de esos servizos sociais, e en modo algún dos servizos sanitarios. Ademáis, as residencias prestan unha atención de apoio e coidados esenciais para o bo funcionamento social e laboral de esta sociedade da que presumimos como moderna e avanzada.

Ainda así, as Residencias, ofrecen servizos de carácter sanitario como terapia ocupacional, enfermería, médicos, fisioterapia,  rehabilitación, alimentación…, pero en modo algún son centros sanitarios equiparables a hospitais. Non dispoñen dos mesmos medios que un hospital para atender a grave cuadro clínico que ocasiona o Covid-19.

O sector sanitario está pretendendo atribuir as residencias unha responsabilidade imposible de asumir, posto que as residencias non teñen o soporte sanitario do que dispoñen os hospitáis.

Pola contra, o Sistema de Saúde ten a obriga, a organización e as atribiucions técnicas e legais de dar cobertura sanitaria a todalas persoas Maiores de Galicia, independentemente de onde residan.

No actual caso do COVID19, o sistema deu as costas os enfermos Maiores que viven en Residencias, e incluso o está dando as persoas Maiores que viven na sua casa, e teñen dereito a ser atendidos sin ser discriminados pola sua idade, como acontece no día a día baixo pretextos de colapso sanitario, que en modo algún se está a dar en Galicia.

Os centros de saúde están fechados, os servicios de hospitalización rechazan ingresos de persoas Maiores, néganselle as probas diagnósticas alegando o estado de alarma, e esta restricción dos seus dereitos conleva mortes e sofrementos intolerables para unas persoas que son fundamento dos actuáis servicios dos que outros mais novos desfrutan.

As mortes nas Residencias non se producen porque teñan mais ou menos superficie construida, mais ou menos usuarios, ou mais ou menos xerocultores, mais luz ou menos luz, etc., senón porque as persoas sofren una enfermidade: o virus Covid19.

Hai catro motivos principais polos que se está dando este contaxio masivo en centros:

  1. A falta de detección precoz do contaxio nos traballadores/as: O sector leva máis de 23 días de confinamento, establecendo medidas de protección o máis axeitadas posibles dentro das súas posibilidades e no marco do gran desabastecemento de material sanitario que teñen todos os centros. Adaptaron os seus protocolos ós protocolos esixidos pola autoridade. Pero o mais básico e prioritario: non é posible detectar e aislar os/as traballadores/as e residentes infectados porque non hai tests para averígualo.
  1. A atención as persoas dependentes requiere cercanía e contacto. O virus pode cursar totalmente asintomático nun/ha traballador/a que á hora de efectuar o seu traballo precisa dunha proximidade corporal coa persoa maior para o aseo, alimentación e mobilización. Coidados básicos que non é posible efectuar a máis de dous metros de distancia.
  1. O sitema de saude non foi quen nin o é de dar una resposta de atención sanitaria do seculo XXI as persoas de mais idade. Un sistema sanitario que como sempre e unha vez mais está dando a espalda a un sector que claramente non o contempla nin coñece A falta de coordinación sociosanitaria deixa mortos polasua incapacidade manifesta.
  2. As persoas que viven nos centros son Maiores fráxiles e vulnerables, con patoloxías crónicas e padecementos de enfermedades metabólicas, cardiopatías, enfermedades respiratorias cronificadas e tamén en moitos casos vasculares. É poboación cunha saúde débil. Sin embargo, a atención á enfermidade COVID-19 é unha competencia clara do Sistema de Saúde, non do sector residencial. As persoas non deben morrer nas residencias por este virus. Deben ser atendidas polo Sistema Nacional e Autonómico de Saúde onde corresponda.

Non hai que olvidar que as 21.700 persoas que viven en residencias son maiores que de non existir os centros estarían vivindo sós nas súas casas. Culpar ás residencias non é a solución; a solución é darlles a atención sanitaria que corresponde a cada caso individual, tanto frente ó COVID-19 como frente a calquer outro proceso de enfermidade.

Por iso, dende a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría estimamos preciso:

  • Agradecer  e recoñecer o traballo diario do traballadores/as de ámbito xerontolóxico  que están ofrecendo todos os medios posibles ó seu alcance para continuar desenvolvendo un esforzó mantido de apoio e coidados as persoas Maiores coa maior profesionalidade e integridade, sabendo que se ven expostos a un virus que non só ataca á xente maior, o contaxio tamén se extende ós profesionais do sector.
  • Poñer tódolos recursos e coñecementos desta Sociedade Científica a disposición do sector xeriátrico para prestar a axuda necesaria á hora de establecer as actuacións en materia de saúde e atención ós maiores.
  • Traballar de xeito que podamos converter esta crise nuha oportunidade de mellora que sempre reivindicamos, para especializar a atención sanitaria e garantir o respeito que merecen os maiores dentro da nosa sociedade.

Prestarlles atención ás persoas maiores non só é unha cuestión ética e de xustiza, é tamén algo que nos dignifica como sociedade e como individuos. Unha sociedade que protexe os mais maiores, é una boa sociedade. O presente e o futuro son as persoas Maiores.

Unha sociedade que protexe os mais maiores, é una boa sociedade. O presente e o futuro son as persoas Maiores.

 

Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría
Ilustre Colexio Oficial de médicos
Santiago de Compostela
A Coruña

Recent Posts