In Actualidade

Santiago de Compostela, 10 de enero de 2023. A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría presenta o CURSO GRATUITO ON-LINE, PARA COIDADORES DE PERSOAS MAIORES EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, que permanecerá aberto dende a actualidade ata o 31 de decembro de 2023.

Organizado por compoñentes do Grupo de Traballo da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología para o estudo e seguimento da Lei de Dependencia, o obxectivo desta formación é facilitar unha ferramenta formativa e práctica que axude aos coidadores, prestando unha atención básica á persoa maior, garantindo a calidade e continuidade asistencial.

Con este curso se pretende axudar no coidado cotía, ofrecendo unha formación específica en habilidades para o coidado, e axudar a resolver de maneira clara e cunha ilustración sinxela, as dificultades que supoñan unha persoa maior.

Cuidador de persona mayor en situación de dependencia

Cuidador de persona mayor en situación de dependencia

Os autores deste Curso son un equipo de profesionais especializados pertencentes ao Grupo de Traballo da SEGG: médicos geriatras, enfermeiras, traballadores sociais, terapeutas ocupacionais e psicólogos.

A través dos seus 22 capítulos abórdanse temas como: Coidarse para coidar, e evitar a sobrecarga, fomentar a autonomía do familiar, coidar as posturas á hora das mobilizacións, estar atento á alimentación, ao aseo e hixiene desenvolver habilidades de comunicación, coñecer a medicación e como conservala, manexar as caídas, controlar o uso de suxeicións físicas, a importancia da prevención nas úlceras por presión, a repercusión da demencia na contorna familiar e no coidador, os coidados da persoa maior ante a Covid-19, estar informado acerca das medidas de apoio, os Servizos Sociais e a Lei de Dependencia, entre outros.

O ligazón para realizar este curso e: https://sgxx.org/es/formacion/

Máis información sobre os contidos e os obxectivos no seguinte ligazón: https://formacion.segg.es/curso-cuidadores-personas-mayores-dependientes2023/justificacion.asp

Recent Posts