en Actualidade, COVID-19

(Nota de prensa)

Membros da Xunta Directiva da SGXX e a Consellería de Sanidade mantiveron unha reunión informativa sobre a segunda fase de vacinación

(Vigo, 22 de febreiro de 2021)  Miguel Ángel Vázquez, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José Manuel Pérez, tesoureiro, e Rocío Carbón, vocal, en representación da Xunta Directiva da entidade, mantiveron unha reunión telemática co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora Xeral de Saúde Pública, Carmén Durán.

Neste encontro, Sanidade informou á Sociedad Gallega de Xerontoloxía e Xeriatría sobre a segunda fase de vacinación que xa está en marcha en Galicia.

Pola súa banda, a SGXX solicitou aos representantes da Xunta a apertura inmediata para visitas e saídas dos usuarios das residencias galegas que xa foron inmunizados contra a Covid-19 tras recibir a segunda dose da vacina.

“É un tema de dereitos humanos, ningún país tivo tanto tempo illado ás persoas maiores, privándolles da liberdade de pasear e abrazar aos seus seres queridos”, afirma Miguel Ángel Vázquez.

Desde a Sociedade científica son consentes do risco, por iso pediron que este proceso de apertura realícese tomando unha serie de medidas: que xa pasasen tres semanas desde que o persoal e os residentes recibiron a segunda dose e que non haxa casos recentes de covid nese centro residencial.

En segundo lugar, a SGXX solicitou á Consellería que poña en marcha unha investigación sobre o que ocorreu na pandemia e porque sucedeu, para poder tomar medidas de fronte ao futuro e establecer uns protocolos efectivos que eviten as mortes innecesarias de persoas maiores. Os xeriatras e xerontólogos ofrecen o seu apoio e axuda á Xunta para realizar este proceso.

Doutra banda, a Xunta Directiva criticou o erro que tivo a formación do comité de expertos para a xestión da pandemia, debido a que non conta con profesionais que traballen no ámbito residencial, que son os que de verdade coñecen o que sucede nestes centros. Por iso, solicitaron a revisión da composición deste comité.

Por último, desde a SGXX instaron á Consellería de Sanidade a realizar unha campaña de administración de Vitamina D para as persoas maiores.

“O confinamento prolongado aumenta o déficit de Vitamina D nas persoas maiores, causante de dores articulares, cansazo, maior risco de fracturas e decaimiento no estado de ánimo. Con todo, isto soluciónase de forma sinxela, coa toma dunha dose cada 15 días. De feito, outros países europeos xa desenvolveron campañas neste sentido”, explica o presidente da SGXX.

Con este encontro a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría dá resposta a un dos seus principais fins como Sociedade Científica: mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

Artículos recientes
Os xeriatras e xerontólogos galegos recomendan ás persoas maiores vacinarse contra a Covid