en Actualidade

Convocatoria anual das Becas, Bolsas e Premios da SGXX

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría ven de anunciar por este medio e polo apartado correspondente na web oficial da SGXX, a sua Convocatoria Anual de Becas, Bolsas e Premios.
O prazo para Becas de Congreso abrese hoxe mesmo ate o 30 de Marzo, e a resolución farase o 7 de Abril mediante lista de Concesions na web da Sociedade.
As solicitudes presentaranse por escrito na sede administrativa da Sociedade no Ilustre Colexio Oficial de Medicos de Santiago de Compostela, rua San Pedro de Mezonzo 39-41 CP 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

Para optar a ditas Becas de Congreso, os/as Socios/as interesados/as deberán solicitalo por escrito mediante instancia de solicitude na que consten os seguintes datos: Nome e dous apelidos, enderezo, teléfono de contacto e dirección e-mail, xunto cos datos profesionais e laborais, e xuntar a Copia do último recibo de pago da cota de socio/a.
Se presentase Comunicación cientifica o Congreso, xuntará copia do Resumo da mesma.

Descarga da Normativa de Becas e Premios.

Santiago, 2016. A Xunta Directiva da SGXX.

Artículos recientes

Empieza a escribir y presiona "Intro" para buscar

XXVIII Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX)A SGXX presenta un proxecto de investigación, pioneiro no Estado, sobre a imaxe social das persoas maiores