In Uncategorized @gl

Unha axeitada avaliación cognitiva e neuropsicolóxica é esencial na detección precoz do deterioro cognitivo, ademais da base para o traballo de estimulación con persoas maiores.

A Vogalía de Psicoxerontoloxía ven de propoñer, co beneplácito da Xunta Directiva da SGXX, a creación dun Grupo de Traballo sobreFerramentas de Avaliación Cognitiva e Neuropsicolóxica. O obxectivo do grupo é realizar unha aproximación a nivel galego ó emprego e optimización deste tipo de probas.

O grupo de traballo estará coordinado por David Facal Mayo, profesor do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e vogal de Psicoxerontoloxía da S.G.X.X., e aglutinará a profesionais da docencia, da intervención e da investigación do noso contexto.

O grupo está aberto á participación de tódolos socios e socias interesados, que poderán contactar a través das canles de comunicación habituais.

Recent Posts