(Víctor Sariego, 9/5/2017).- O pasado martes 9 de maio, o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), Miguel Ángel Vázquez Vázquez, o vicepresidente e secretario da entidade, José Manuel Pazos e José María Faílde, solicitaronlle ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña que o seu departamento instaure unidades de xeriatría nos hospitais galegos, iniciativa que o titular da devandita consellería se comprometeu a estudiar tras valorala de xeito moi positivo.
A petición da SGXX produciuse no marco da presentación que os seus responsables lle presentaron a Vázquez Almuíña do 29 Congreso da SGXX e 59 da SEGG que se vai celebrar en A Coruña os vindeiros 7, 8 e 9 de xuño.
Congreso Internacional
O máximo responsable de Sanidade do Goberno Galego pudo coñecer os pormenores do foro internacional que, baixo o lema «Envellecemento e Cronicidade: unha oportunidade para a prevención e a innovación» vai reunir no Palacio de Congresos e Exposicións de A Coruña (Palexco) a máis de un cento de ponentes de recoñecido prestixio mundial do sector socio sanitario e no que está previsto un aforo que supere o milleiro de congresistas.
O encontro tamén serviu para que a SGXX poidera solicitar colaboración á Consellería para o desenvolvimento do devandito Congreso.