en Actividades e Congresos
RESUMO DA XORNADA

XORNADA “AVALIACIÓN COGNITIVA E NEUROPSICOLÓXICA EN CENTROS DE MAIORES DE GALICIA” (Santiago de Compostela)

O pasado xoves día 30 de outubro celebrouse na Facultade de Psicoloxía da USC a primeira das xornadas temáticas que o último xoves de mes se celebrarán nas distintas provincias galegas arredor da avaliación cognitiva e neuropsicolóxica. Abriu esta xornada formativa o profesor da USC Arturo Pereiro, que reflexionou sobre a adecuación idiomática, cultural e xeracional dos tests, é dicir, se os items incluídos son axeitados para o noso contexto e como podemos melloralos a través de estudios de adaptación, validación e baremación. O doutor Xose Caamaño falou sobre a investigación en enfermidade de Alzheimer sobre aspectos cognitivos e de avaliación, poñendo a énfase na importancia da xeración de coñecemento en eidos aplicados da xerontoloxía, pero tamén nas limitacións que impón a realidade, no seu caso o elevado grao de deterioro dos usuarios de centro de día no noso contexto. O neuropsicóloga Fina Permuy falou das limitacións na avaliación das alteracións emocionais e de conduta, e o importante que é a súa relación coa avaliación do deterioro cognitivo. Por último, Isabel González-Abraldes, doutora en xerontoloxía pola UDC cunha tese sobre coidadores, falounos das posibilidades das familias como fontes de información no proceso de avaliación cognitiva. Os poñentes destacaron a importancia de centrar a avaliación en aspectos operativos (plantexandonos como profesionais da xerontoloxía con que obxectivos avaliamos) e mellorar a sensibildade ao cambio (controlando o efecto de aprendizaxe a través de formas paralelas).

A próxima xornada se celebrará en Pontevedra o vindeiro 27/11/14. Maís información e inscripcións neste enlace.

Artigos recentes