Dr. Fernando Veiga Fernández

O Dr. Fernando Veiga Fernández naceu en Hervelle (A Pontenova, Lugo) en 1962 e morreu en 2016.

Impulsor da xeriatría en Galicia, especialidade que estudou na Universidade Complutense de Madrid, foi o primeiro geriatra que tivo a provincia lucense e estivo entre os primeiros de Galicia. Foi un referente galego e nacional da xeriatría.

Alumno de Fernando Jiménez Ferreiro, a súa implicación foi decisiva para a creación do servizo de Xeriatría no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), un servizo imprescindible nunha provincia tan envellecida como a lucense. Unha mostra do seu bo facer é que o de Lugo foi un dos escasos hospitais españois que formaban residentes nesa especialidade.

Durante a súa traxectoria profesional, o Dr. Veiga estivo moi comprometido coa docencia e a investigación, pero destacou notablemente como facultativo próximo, cunha gran empatía coas persoas maiores e moi implicado na súa dedicación como médico geriatra. Compaxinando a xefatura de servizo de Xeriatría do HULA coa súa actividade nunha clínica privada que tiña en Lugo.

Presidiu a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, desde a que expuxo numerosas reivindicacións para a especialidade, manténdose como un membro activo nela ata o final dos seus días.

Empeza a escribir e presiona "Intro" para buscar