
31 CONGRESO INTERNACIONAL DE XERIATRÍA Y XERONTOLOXÍA. LIBRO DE RELATORIOS.
Galicia, liderando a lonxevidade europera. Oportunidades e retos.
O presente documento recolle os relatorios e resumos de comunicacións orais e póster que formaron parte do programa científico do 31 Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría desenvolvido en Pontevedra os días 27, 28 e 29 de Xuño de 2019.
O 31 Congreso internacional da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría centrouse nas oportunidades e retos que teñen as rexións cunha poboación envellecida, facendo fincapé no caso de Galicia como un expoñente incuestionable deste fenómeno, que xa sobresae como unha das rexións de Europa coa porcentaxe máis elevada de persoas maiores; sendo as provincias de Ourense e Lugo entre o cinco máis envellecidas.

XXVI CONGRESO INTERNACIONAL DE XERIATRÍA Y XERONTOLOXÍA. LIBRO DE RELATORIOS.
Estilo de Vida 3.0
O presente documento recolle 20 relatorios e 58 resumos de comunicacións orais e póster que formaron parte do programa científico do XXVI Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría desenvolvido en Pontevedra os días 20 e 21 de Xuño de 2014.
Co lema Estilo de Vida 3.0 Analizando as claves dun envejecimiento en positivo, diferentes especialistas do campo das demencias, os trastornos afectivos e a actividade física na vellez, recollen a modo de artigo a información transmitida ao longo de Congreso. A esta información engádense as distintas experiencias levadas a cabo polos diferentes expertos do ámbito investigador e/ou asistencial, que a modo de

XXV CONGRESO INTERNACIONAL DE XERIATRÍA Y XERONTOLOXÍA. LIBRO DE RELATORIOS.
Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Xerontoloxía e Xeriatría
Editado có motivo do XXV Congreso Internacional da nosa sociedade e financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do proxecto Avellentamento+Activo (POCTEP), ao longo das súas máis de 200 páxinas, diferentes profesionais do ámbito da Xerontoloxía e a Xeriatría expoñen temas de interese que van desde os avances e as perspectivas do avellentamento, principais instrumentos de avaliación cognitiva e funcional, factores de risco e avellentamento, ata as novas Tecnoloxías aplicadas no eido da xerontoloxía.
Esperamos có lector goce coa lectura desta obra, ademais de que lle sirva de consulta sobre os temas desenvoltos.

Manual de consenso: Herramientas de Evaluación Cognitiva y Neuropsicológica en centros gerontológicos

Competencia das enfermeiras na atención xerontolóxica

Vivir Y Ser Vivido

Álbum De Fotos De Persoas Maiores Galegas
