en Actividades e Congresos

Organizadas polo Consello de Outes en colaboración coa Xerencia de Xestión integrada de Santiago de Compostela, avaliadas pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e dirixidas polo Dr. José Dios, membro da nosa Sociedade; o día 27 de febreiro de 2014 e dentro das VIII Xornadas de Información Sociosanitaria, o profesor José C. Millán Calenti, Presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e Catedrático de Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade da Coruña pronunciou o relatorio titulado “Perda de Memoria e Estratexias de Detección” onde avogou pola necesidade de que desde a administración sanitaria se poñan en marcha estratexias poboacionais de cara a detectar precozmente o deterioro cognitivo, como medida fundamental na loita contra a demencia. Por outra banda, durante a súa intervención fixo fincapé na necesidade de promover o avellentamento saudable a través da actividade física e mental. Ao seu relatorio seguiuno un interesante debate onde os presentes puideron preguntar acerca das dúbidas que este tema de tanta actualidade xera.

O Dr. José Dios, Director das Xornadas facendo a presentación do Prof. Millán Calenti e este durante a súa intervención.

     

Artigos recentes