
PROXECTO 0434_LONGSOCIAL2_1_E: Servizo de auditoría para a certificación de gasto
Con motivo da aprobación do proxecto “LONGSOCIAL2 – Novo escenario de lonxevidade: un paso máis para abordar unha actuación transfronteiriza de entidades de iniciativa social” (0434_LONGSOCIAL2_1_E), cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (en diante SGXX) publica as características do seguinte servizo, para que os provedores interesados poidan achegar as súas ofertas:
DESCRICIÓN DO SERVIZO: Auditoría para certificación de gastos da SGXX no proxecto Longsocial2.
- Código do proxecto: 0434_LONGSOCIAL2_1_E
- Acrónimo do proxecto: LONGSOCIAL2
- Título do proxecto: Novo escenario de lonxevidade: un paso máis para abordar unha actuación transfronteiriza de entidades de iniciativa social
- Data de inicio do proxecto: 17/02/2025
- Data prevista de fin do proxecto: 31/12/2027
- Orzamento total do proxecto: 340.392,28 euros.
- Orzamento da SGXX no proxecto: 15.000,00 euros.
- Alcance do servizo:
- Dar cumprimento ás tarefas de revisión e certificación do gasto da SGXX, de acordo coas normas e estándares do programa Poctep, para as diferentes validacións de gastos presentadas no marco do proxecto LongSocial2.
- No caso de que sexa necesaria prórroga de proxecto, o servizo debe estar cuberto ata peche.
- O alcance do servizo estenderase máis aló da data prevista de fin do proxecto para poder dar cumprimento ás tarefas de revisión e certificación do gasto da última anualidade.
- Cumprimento do principio de NON discriminación: A execución do contrato debe cumprir co principio de non discriminación, garantindo a igualdade de trato entre individuos, igualdade de dereitos e a dignidade das persoas.
A oferta debe conter un orzamento total (IVE incluído), polo servizo descrito.
DATA INICIO PARA PRESENTACIÓN DE OFERTAS: 14/05/2026
DATA LÍMITE PARA PRESENTACIÓN DE OFERTAS: 20/06/2026
DIRECCIÓN PARA ENVÍO DE OFERTAS e para máis INFORMACIÓN: comunicacion@sgxx.org

