en Actividades e Congresos, Actualidade

O 29 Congreso da SGXX e 59 da SEGG celébrase no Palacio de Congresos de A Coruña (PALEXCO)

 

 

 

 

(Víctor Sariego, 10/5/2017).- A Comisión Permanente da Xunta Directiva da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) acaba de se pronunciar sobre a concesión das nove bolsas que tiña convocadas para inscribirse no seu 29 Congreso anual. Un foro profesional internacional que este ano se vai celebrar os vindeiros 7, 8 e 9 de xuño en A Coruña, xunto co 59 Congreso da Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG).

Os socios e socias beneficidos coas bolsas recibirán unha notificación oficial da SGXX.

Baixo o lema “Envellecemento e Cronicidade: unha oportunidade para a prevención e a innovación” o 29 Congreso da SGXX e 59 da SEGG vai reunir no Palacio de Congresos e Exposicións de A Coruña (Palexco) a máis de un cento de ponentes de recoñecido prestixio mundial do sector socio sanitario e no que está previsto un aforo que supere o milleiro de congresistas. 

 

Recommended Posts