Normativa e bases dos premios de comunicacions o congreso anual da sociedade, bolsas de estancias formativas, becas de inscripcion a congresos e bolsas de investigación da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX).
A Xunta Directiva da SGXX, de acordo cos Estatutos e actividades previas da Sociedade, e para maior información e obxectividade, aprobou as Normas e contías das Becas, Axudas e Premios Anuais que a continuación se refiren.

Beca ou Bolsa de Estadías Formativas en Centros. Beca Dr. D. Roberto Bugidos Benavides.
A Sociedade convoca axudas económicas para realizar Estadías formativas en Hospitais, Institucións, Centros Sociosanitarios Xerontolóxicos acreditados, incluíndose áreas especializadas en directa relación coa atención as persoas Maiores (Investigación básica ou aplicada, Rehabilitación, Psicoxeriatría, Servizos Sociais, Xestión, etc). O programa de formación que opte a unha beca de formación terá que estar debidamente acreditado.
Data límite de solicitude de becas: 8/5/2026
¿Quén foi o Dr. Roberto Bugidos Benavides? Máis información aquí

Becas de Inscrición ó Congreso Anual da SGXX.
Destínanse para Becas de Inscrición ó Congreso da SGXX, a celebrar anualmente, a cantidade máxima de 1.950 euros. Este importe distribuirase nun máximo de 15 Becas de Inscrición no Congreso anual, e poderán incluír o Aloxamento para o Congreso anual da Sociedade.
Data límite de solicitude de becas: 8/5/2026

Premios as Mellores Comunicacións Orais e en Poster/Vídeo do Congreso Anual da SGXX. Premio Dr. D. Fernando Jiménez Herrero.
Como é habitual nos congresos anuais organizados pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, en cada edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía premiaranse as mellores comunicacións presentadas nas sesións correspondentes, baseadas en traballos de investigación ou experiencias profesionais orixinais. Para consultar as bases, modalidades e contías dos premios, pode obter máis información na web do propio Congreso (ligazón á web do Congreso da SGXX).

Bolsas de Investigación
Destínanse a Bolsas de Investigación a cantidade máxima de 3.000 euros. Non haberá un número determinado de Bolsas, senón que se repartirán entre daqueles Proxectos de Investigación presentados que a Comisión Permanente da Xunta Directiva considere de suficiente calidade. O prazo de presentación de Proxectos e ata o 1 de maio de cada ano.
Data límite de solicitude de becas: 8/5/2026
Formulario de solicitude de Beca/ Bolsa de investigación
Para realizar a solicitude dunha Beca ou Bolsa de investigación da SGXX ten que cubrir este formulario, aportando a información e documentación que é requisito da Beca ou Bolsa solicitada. Pode comprobar as características da mesma nesta páxina.
Se ten algunha dúbida ou precisa de máis información, pode poñerse en contacto coa Secretaría Técnica da SGXX a través do seguinte enderezo de correo electrónico: secretario@sgxx.org.
"*" sinala os campos obrigatorios
Resolución de solicitudes
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2025. Descargar
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2024. Descargar
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2023. Descargar
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2022. Descargar
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2019. Descargar
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2018. Descargar
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2017. Descargar
· Resolución becas de inscrición para Congreso SGXX 2016. Descargar

