Dr. Luis Rodríguez Míguez

O Dr. Luís Rodríguez Míguez naceu en Santiago de Compostela (A Coruña) en 1932 e morreu en 2016.

Licenciado e doutor en Medicina e Cirurxía (Universidade de Santiago de Compostela), tamén se especializou en Sanidade Nacional, Medicina Preventiva e Saúde.

É considerado o pai do estudo das augas mineromedicinales e do termalismo galego contemporáneo. Acuñou o termo ‘vila termal’ e foi un dos principais defensores da incorporación dos tratamentos balnearios na sanidade pública.

Foi docente nas universidades de Vigo e Santiago. Durante os seus últimos anos de docencia exercía como profesor titular no departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).

Tamén dirixiu o Centro de Sanidade Ambiental de Santiago, foi xefe provincial de Sanidade de Ourense, director de Saúde da Delegación Territorial de Ourense e director xeral de Saúde Pública.

Foi académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía e vicepresidente da Sociedade Galega de Xerontología e Xeriatría, da que tamén foi socio fundador e presidente da Comisión Xestora que impulsou a creación desta sociedade.