O doutor Roberto Bugidos Benavides naceu en León, en 1962 e faleceu prematuramente, no ano 2002, con tan só 40 anos.
Realizou a residencia en Xeriatría no Hospital Clínico San Carlos e posteriormente incorporouse como médico adxunto ao Servizo de Xeriatría do Hospital Xeral Calde de Lugo.
Foi un piar fundamental no desenvolvemento da especialidade na comunidade galega, sendo cofundador do Servizo de Xeriatría de Lugo, co Dr. Fernando Veiga, desenvolvendo unha intensa actividade asistencial, docente e investigadora. Tamén foi pioneiro no campo da Bioética clínica, formando parte do primeiro Comité de Bioética en Lugo e da redacción da Lei de Autonomía Galega do paciente.
De base científica, transmitía os seus coñecementos de forma fácil e práctica, converténdose nun referente para a Xeriatría española. Participou de forma activa en moitos foros científicos nacionais e internacionais, que contribuíu a engrandecer. Foi autor de numerosas investigacións e estudos sobre envellecementos e persoas maiores.
As persoas que lle coñecían definíano como “unha persoa afable, candorosa, sinxela, humilde, traballadora, comprensiva, sempre disposta a axudar e, o máis importante, sen esperar a cambio máis nada que saber que puidera prestar esa axuda. Cantas cousas humanas e profesionais, como médico residente, como médico adxunto ou como relator, puidemos aprender de el”.