en Actualidade, COVID-19

Os Centros Residenciais Intermedios necesitan contratar persoal urxentemente

A Xunta de Galicia habilitou dous Centros Residenciais Intermedios, un en Ourense e outro en Santiago de Compostela, que acollerán aos maiores da residencias galegas que estean contaxiados con coronavirus.

O de Ourense habilitouse nunha instalación nova que pertence á Fundación San Rosendo situada no que foi colexio Os Milagros, no concello ourensán de Baños de Molgas (ver mapa). A él derivaranse os casos de usuarios de residencias de Ourense e Pontevedra. Este centro está coordinado por Miguel Ángel Vázquez, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

No caso de Santiago de Compostela, a Xunta habilita o Fogar da Terceira Idade, Porta do Camiño (ver mapa). A ese irán maiores da Coruña e Lugo. Este centro está coordinado por José Manuel Pazos, vicepresidente da SGXX.

Ambas as unidades necesitan, con carácter urxente:

  • Persoal de limpeza
  • Auxiliares de clínica ou gerocultores/ as
  • Enfermeiras/os
  • Médicos

Todas as persoas interesadas en pasar a formar parte do equipo humano destes centros poden enviar un correo a comunicacion@sgxx.org.

Artigos recentes
Showing 1 comments
  • Jose

    Hola buen día!!!
    Soy médico, especialista es Medicina Intensiva.
    En homologación.