en Actividades e Congresos
SGXX AVALIACIÓN COGNITIVA E NEUROPSICOLÓXICA EN CENTROS DE MAIORES DE GALICIA

XORNADA “AVALIACIÓN COGNITIVA E NEUROPSICOLÓXICA EN CENTROS DE MAIORES DE GALICIA” (Pontevedra)

O día 27 de novembro celebrouse a «Xornada sobre Avaliación Cognitiva e Neuropsicolóxica en Centros de Maiores de Galicia» na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, en Pontevedra. Coordinaron o evento David Facal, vogal de Psicoxerontoloxía da SGXX, e José María Cancela, profesor da Facultade e tamén membro da Xunta Directiva da SGXX. Interviron os psicólogos Arturo Xosé Pereiro, da USC, Aranzazu Balo, do Centro Xerontológico La Milagrosa, e Pablo Lois, do Centro de día de Portas do Consorcio Galego de Servizos Sociais, e o médico Miguel Gallego, quen falou da avaliación cognitiva no contexto da valoración xeriátrica integral.

As próximas xornadas se desenvolverán en xaneiro e febreiro de 2015 en Ourense e Lugo respectivamente. Máis información nestes enlaces:
Inscrición Xornada Ourense (29 de Xaneiro 2015)
Inscrición Xornadas Lugo (26 de Febreiro 2015)

Artículos recientes

Empieza a escribir y presiona "Intro" para buscar