en Actividades e Congresos
sgxx-xornadas-avaliacioncognitiva-ourense-inauguracion

XORNADA “AVALIACIÓN COGNITIVA E NEUROPSICOLÓXICA EN CENTROS DE MAIORES DE GALICIA” (Ourense)

A terceira das xornadas sobre Avaliación Cognitiva e Neuropsicolóxica da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación do Campus da Auga, Ourense, este pasado 29 de Xaneiro 2014. José María Failde, profesor da Universidade de Vigo na área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, falou dos cambios normativos na memoria asociados ó proceso de envellecemento, mentres que o médico geriatra Miguel Gallego falou do envellecemento patolóxico e as demencias dexenerativas, ademáis de reflexionar sobre a avaliación cognitiva no contexto máis amplo da valoración xeriátrica integral. Despois do descanso, Aranzazu Balo e Isabel González-Abraldes profundización sobre a valoración cognitiva e neuropsicolóxica en centros, falando respectivamente dos tests de cribaxe e dos test da persoa informadora – coidadora como ferramentas de referencia para os profesionais da xerontoloxía. A Xornada saldouse cun notable éxito de participación, tanto de profesionais da provincia de Ourense como de estudantes dos graos de Educación Social e Traballo Social.

sgxx-xornadas-avaliacioncognitiva-ourense-miguel-gallegosgxx-xornadas-avaliacioncognitiva-ourense-asistentessgxx-xornadas-avaliacioncognitiva-ourense-chema-failde

A derradeira xornada se celebrará no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo o vindeiro 26 de febreiro. Máis información neste enlace.

Artículos recientes

Empieza a escribir y presiona "Intro" para buscar