XUNTA DIRECTIVA
Presidente
D. José María Faílde Garrido
Vicepresidente 1°
D. José Manuel Pazos Seco
Vicepresidente 2º
D. José Ramón Martínez Calvo
Secretaria
Dna. Maximina Rodríguez Fernández
Tesoureiro
D. Javier Pérez Martín
Vogal Sección Clínica
Dna. Vanessa Álvarez Vidal
Vogal Sección Social
Dna. Estela Alonso Posada
Vogal Psicoxerontoloxía
D. Cesar Bugallo Carrera
Vogal Enfermaría
Dna. María Elena Mosquera Losada
Vogal Xerocultura
Dna. Rosa María Gómez Fernández
Vogal Centros Xerontolóxicos
D. Rafael Vázquez Piñeiro
Vogal Formación e Investigación
Dna. Vanesa López Miguens
Saúda do Presidente
Estimados/as socios/as
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatria é unha sociedade científica interdisciplinaria cuxos principais obxectivos son promover os coñecementos no ámbito da xerontoloxía no seu máis amplo sentido; e dicir, clínicos, biolóxicos psicolóxicos e sociais. Para elo, temos unha sociedade formada por máis de 500 socios procedentes de moi diversas disciplinas que dun modo ou outro deberían aportar o seu coñecemento para mellorar a calidade de vida das persoas maiores da nosa comunidades e por ende de todos os maiores.
Neste sentido, como Presidente da Sociedade serán prioridades da mesma, en primeiro lugar, fomentar a participación de todos os socios en todas as actividades organizadas por nos, así como escoitalos para apoialos en todas as actividades que nos propoñan e que desde a Xunta Directiva se considere que poidan contribuír a difundir o saber xerontolóxico.
Será tamén outra prioridade fomentar a formación de todos os profesionais que dedican a súa actividade á atención e coidados das persoas maiores, tanto desde o sistema sanitario como social ou, incluso, do aínda pendente por delimitar sociosanitario, para o cal tratarase de traballar de xeito conxunto coas tres universidades galegas. Por outra banda, e sendo as persoas maiores o noso obxectivo diana, potenciaremos a colaboración coas sociedades e entidades de persoas maiores a fin de asesorarlles en cantas dúbidas poidan ter acercando o noso saber científico a toda a sociedade galega para desde xeito contribuír a a facer de Galicia o paraíso dos vellos tanto en canto á calidade da atención como do estado de benestar.
Traballaremos de xeito conxunto coa administración e trataremos de influír nela a fin de que as políticas de atención sexan menos “políticas” e máis adaptadas á situación real das persoas maiores buscando sempre o mellor para a sociedade.
Espero, que estes tres anos aos que nos enfrontamos, con moitas gañas de facer cousas, sexan un marco de referencia e que a nosa Sociedade se constitúa no órgano de asesoramento e consultaría que todos os socios pensamos que ten que ser no noso ámbito de actuación.
Moitas grazas a todos por confiar en nós e esperamos non defraudarvos coas nosas iniciativas e bo facer.