Información de interese para Solicitudes de Socios da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Dacordo co establecido nos Artigos 4 e 5 do Titulo II dos Estatutos da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, e que abaixo se recollen, para que unha persoa sexa Socia da SGXX ten que presentar a solicitude, pagar a cuota, xuntar un Curriculum Vitae que acredite o seu interese ou adicación o eido científico ou profesional xerontolóxico, ir presentada por dous Socios de alomenos 4 anos de antiguidade, e ser aprobada a Solicitude pola Asamblea da Sociedade.

A Asamblea Ordinaria da Sociedade faise coincidir normalmente co Congreso Anual da Sociedade, polo que unha solicitude de Socio non se fará efectiva de pleno dereito ate que a Asamblea a aprobe. Mentras iso non ocorra serían “pre-socios”, e non son socios, cuestión que parece importante clarexar, acorde os dereitos que determina ser socio da Sociedade.

A proposta firmada dos dous Socios que se precisa, segundos Estatutos da Sociedade, farase directamente polo Presidente e o Secretario da Sociedade, según se aprobou na Asamblea Xeral de 2016, unha vez recibida toda a Documentación que se cita:

  • Impreso cuberto de Solicitude de Socio.
  • Xustificante de ter xa pagada a cota do ano no que solicite ser Socio.
  • Curriculum Vitae da persoa solicitante.

Para o caso de non ser aceptada a persoa como Socia, seralle devolta cota previamente pagada.

Estatutos da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Extracto sobre Socios:

TÍTULO II

Dos socios: deberes e dereitos.

  • Artigo 4.° Os socios poden ser de número, corresponsais de fora de Galicia e de honra.
  • Artigo 5.° Para ser socio de número requírese:
    • a. Demostrar se realiza algunha actividade profesional ou voluntaria en relación coa asistencia ó ancián, estudio ou educación xerontolóxica: licenciados en Medicina, Psicoloxía, Bioloxía, Farmacia, Dereito, Arquitectura, Filosofía, Diplomados en enfermería, Traballo Social, Fisioterapia, Educación física, Terapia Ocupacional, titulados en Xerocultura, animación socio-cultural e actividades afins. Ser proposto por dous socios de número que leven mais de catro anos pertenecendo á Sociedade, facendo a solicitude en impreso especial da mesma no que deberá expresa-lo seu curriculum de estudios, dedicación profesional ou de voluntariado en actividades xeriátricas ou xerontolóxicas.

Santiago, Xaneiro de 2017.

  • BOLETIN DE INSCRICIÓN DE SOCIO/ A

    Remítese á Xunta Directiva da SGXX.


    Sinale o tipo de solicitude

  • DATOS PERSOAIS


  • ACTIVIDADE PROFESIONAL

    Sinale as que procedan.

  • Accepted file types: pdf, Max. file size: 5 MB.
    Solo arquivos en PDF de máximo 5MB.

  • PAGO

    CUOTA ANUAL: 30€. Ingresar (1ª cuota) na conta nº IBAN: ES45 2080 5092 05 3040020072 de ABANCA.

  • Accepted file types: jpg, pdf, png, Max. file size: 2 MB.
    Solo arquivos JPG, PNG ou PDF.

  • ORDE DE PAGO PARA A DOMICILIACIÓN BANCARIA

  • Prégolle a Vds. tomen nota para que, ata novo aviso, adeuden na miña conta o recibo presentado anualmente pola SOCIEDADE GALEGA DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA.

  • This field is for validation purposes and should be left unchanged.