en Actividades e Congresos
RESUMO DA XORNADA “AVALIACIÓN COGNITIVA E NEUROPSICOLÓXICA EN CENTROS DE MAIORES DE GALICIA” (Lugo)

RESUMO DA XORNADA “AVALIACIÓN COGNITIVA E NEUROPSICOLÓXICA EN CENTROS DE MAIORES DE GALICIA” (Lugo)

O pasado 26 de febreiro celebrouse en Lugo  con grande éxito de asistencia a derradeira das xornadas sobre avaliación cognitiva e neuropsicolóxica en persoas maiores que a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría ven desenvolvendo nos últimos meses nas distintas provincias.

A xornada celebrouse na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e, para esta edición, ademáis dos contidos sobre avaliación e detección do deterioro cognitivo, fixo un maior fincapé en aspectos educativos, en especial coas charlas “Cognición, afecto e educación” impartida por Fina Permuy (Cruz Vermella de A Coruña) e “Visións do envellecemento cognitivo nas diferentes etapas do desenvolvemento.” impartida por Romina Mouriz (Centro Xerontolóxico A Veiga).

Artigos recentes