en Actualidade
thumb_DSC_1666_1024

O Dr. Fernando Veiga no recente XXVIII Congreso da SGXX de abril pasado (primeiro pola dereita)

 

 

 

 

 

 

O sábado 21 de maio pasado faleceu o Dr. D. Fernando Veiga en Lugo, xefe do Servizo de Xeriatria do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) do Servicio Galego de Saude e compañeiro inesquecible da SGXX.

Nesta Sociedade que el tivo a ben presidir, sentimos profundamente esta perda que nos deixa consternados. O Dr. Veiga era un xove referente cientifico da Xeriatria clinica en España. Creou o primeiro e maior Servicio de Xeriatria do sector publico sanitario galego e viña sendo un apoio sobresainte para moitas familias e doentes Maiores que tiñan nel non somentes un medico excelente, senon un conselleiro e amigo, con un xeito de facer mediciña que aportaba o valor dunha humanidade que o distinguía e era exemplo para todos nós.

En España e Galicia aprendemos moito e seguido da sua forma de entender a profesion de Xeriatra, e a sua extensa obra cientifica e exemplificacion profesional sentou unha escola a modo de vocacion e entrega coas persoas Maiores e as suas familias.
Dende aqui queremos facer chegar a súa querida familia e a sociedade galega o sentemento de dor de todas e todos os que compoñemos a Sociedade Galega de Xerontoloxia e Xeriatria e confortanos a certeza de que o Dr. Veiga estará sempre entre nós coa labor feita de un home de ciencia, de un Bo Home galego. ¡Un forte abrazo de todos amigo Fernando!


Miguel Ángel Vázquez
Xeriatra
Presidente da SGXX

Recommended Posts

Empeza a escribir e presiona "Intro" para buscar

A SGXX presenta un proxecto de investigación, pioneiro no Estado, sobre a imaxe social das persoas maiores