en Actividades e Congresos, Actualidade

(No centro): o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña cos representantes da SGXX

(De esquerda a dereita): o vicepresidente da SGXX, José Manuel Pazos; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez; o presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez e o secretario da SGXX, José María Faílde.

 

 

 

 

 

 

 

(Víctor Sariego, 9/5/2017).- O pasado martes 9 de maio, o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), Miguel Ángel Vázquez Vázquez, o vicepresidente e secretario da entidade, José Manuel Pazos e José María Faílde, solicitaronlle ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña que o seu departamento instaure unidades de xeriatría nos hospitais galegos, iniciativa que o titular da devandita consellería se comprometeu a estudiar tras valorala de xeito moi positivo.

A petición da SGXX produciuse no marco da presentación que os seus responsables lle presentaron a Vázquez Almuíña do 29 Congreso da SGXX e 59 da SEGG que se vai celebrar en A Coruña os vindeiros 7, 8 e 9 de xuño. 

Congreso Internacional

O máximo responsable de Sanidade do Goberno Galego pudo coñecer os pormenores do foro internacional que, baixo o lema “Envellecemento e Cronicidade: unha oportunidade para a prevención e a innovación” vai reunir no Palacio de Congresos e Exposicións de A Coruña (Palexco) a máis de un cento de ponentes de recoñecido prestixio mundial do sector socio sanitario e no que está previsto un aforo que supere o milleiro de congresistas. 

O encontro tamén serviu para que a SGXX poidera solicitar colaboración á Consellería para o desenvolvimento do devandito Congreso.

 

 

Recommended Posts