en Actualidade

A partires de agora, unha sala do HUAC leva o nome do doutor Fernando Veiga Fernández

Un momento das intervencións nas que se recordou a Veiga

O retrato conmemorativo

(Víctor Sariego, 21/5/2017).- O Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) celebrou o pasado sábado 20 de maio nas súas dependencias, unha homenaxe pública en memoria e recordo do doutor Fernando Veiga Fernández, xefe deste servicio e ex presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) falecido inesperadamente o pasado 21 de maio de 2016.

Neste acto, Fernando Veiga foi recordado na súa faceta persoal e profesional polo director xerente da EOXI de Lugo, Ramón Ares Rico; polo catedrático emérito de Xeriatría HUSC Madrid, José Manuel Ribera Casado; polos médicos e médicas adxuntos do Servizo de Xeriatría do HULA, Manuel Melero, Ana Isabel Martín e Laura Gamonal e polo presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez.

Despoís das intervencións, os responsables do HULA inauguraron unha placa conmemorativa coa que, a partires de agora, se dai o nome de Fernando Veiga a unha sala do Hospital Lucense onde tamén se fixo a instalación dun retrato do doutor.

Para pechar o evento, o coro do HULA interpretou vairas pezas.

A SGXX participou nos actos da homenaxe coa intervención do seu presidente, Miguel Ángel Vázquez Vázquez que vai recordou a traxectoria de Veiga na entidade durante máis de dúas décadas onde “foi moi querido e respetado como en todos os lugares onde traballou e vivíu” comentou, «tanto na súa faceta personal como profesional” onde, matizou, “desenvolveu un intensísimo labor a prol das persoas maiores, da súa profesión e da ciencia, con dedicación plena e desinteresada como xeriatra independente ou no HULA e como gran investigador e científico”. Principalmente na SGXX, indicou o presidente da entidade, “onde foi o seu segundo presidente e despois vogal durante moitos anos e como autor e divulgador de multitude de publicacións propias”.

Fernando Veiga foi xefe do Servizo de Xeriatria do HULA do Servizo Galego de Saude, presidente da SGXX e un gran referente cientifico da xeriatria clinica en España. Creou o primeiro e maior Servizo de Xeriatria do sector publico sanitario galego e viña sendo un apoio sobresainte para moitas familias e doentes maiores que tiñan nel non somentes un medico excelente, senon un conselleiro e amigo, con un xeito de facer mediciña que aportaba o valor dunha humanidade que o distinguía e era exemplo para todos os demáis.

Recommended Posts

Empieza a escribir y presiona "Intro" para buscar