en Actualidade

Fernando Veiga Fernández (primeiro pola dereita) de ponente no XXVIII Congreso da SGXX en Lugo en abril de 2016

O doutor noutro momento da súa intervención no Congreso con compañeiros e compañeiras da SGXX e da profesión

 

 

 

 

 

 

(Víctor Sariego, 11/5/2017).- O Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) organiza -para o sábado 20 de maio as 11.00 horas no seu salón de actos– unha homenaxe pública ao doctor Fernando Veiga Fernández, xefe deste servicio e ex presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) falecido inesperadamente o pasado 21 de maio de 2016.

A SGXX participa nos actos da homenaxe coa intervención do seu presidente, Miguel Ángel Vázquez Vázquez que vai recordar públicamente a traxectoria de Veiga na entidade durante máis de dúas décadas.

Por iso a SGXX invita a todos os seus socios e socias a este acto de recordo e memoria cun programa especial de intervencións e a actuación do coro do HULA (consultao premando aquí).

Fernando Veiga foi xefe do Servizo de Xeriatria do HULA do Servizo Galego de Saude, presidente da SGXX e un gran referente cientifico da xeriatria clinica en España. Creou o primeiro e maior Servizo de Xeriatria do sector publico sanitario galego e viña sendo un apoio sobresainte para moitas familias e doentes maiores que tiñan nel non somentes un medico excelente, senon un conselleiro e amigo, con un xeito de facer mediciña que aportaba o valor dunha humanidade que o distinguía e era exemplo para todos os demáis.

Recommended Posts

Empieza a escribir y presiona "Intro" para buscar