D. José María Failde Garrido
Presidente

D. José María Failde Garrido
Licenciado en Psicoloxía, sección clínica, e Doutor en Neuropsicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con Premio extraordinario de Doutoramento; Título Oficial de Especialista en Psicoloxía Clínica recoñecido polo Sistema Nacional de Saúde e diplomado en Ciencias Criminolóxicas pola USC.
Profesor titular da Universidade na Área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos con destino na Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social (Universidade de Vigo) desde o curso 1996-1997. Coordinador do grupo de investigación Longevity and Aging (LONG-AGING) e director do programa de doutoramento interuniversitario en Ciencias Sociais e Envellecemento, no que participan as tres universidades galegas (UDC, USC e UVigo) e dúas portuguesas (UPorto e UTAD).
Ocupou diversos cargos de xestión na Universidade de Vigo: Director da Área de Planificación do Campus de Ourense-Campus da Auga, Vicedecano Secretario da Facultade de Ciencias da Educación, Director do departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa (AIPSE), Coordinador de Grao en Educación Social, Coordinador de máster e posgraos.
Exerceu como psicólogo clínico, con 16 anos de práctica profesional en institucións sociosanitarias do terceiro sector; colaborador nos últimos 20 anos en empresas e institucións públicas como FEGAS, ACIS ou EGAP e privadas no ámbito da formación sociosanitaria, especialmente en xerontoloxía, counselling para persoal sociosanitario, habilidades de comunicación e atención ao usuario.
Autor de máis de cen publicacións entre libros, artigos de libros e de revistas científicas, de ámbito nacional e internacional de grande prestixio. Participou e dirixiu multitude de proxectos de investigación. Premiado con varios galardóns de investigación, é voluntario en distintas organizacións non gobernamentais, especialmente no ámbito das emerxencias psicolóxicas.
Organizador de múltiples accións formativas (másters, posgraos, congresos, seminarios, cursos de verán), desempeñou varios cargos de xestión e é investigador en temas relacionados coa saúde sexual, a xerontoloxía, a avaliación neuropsicolóxica, saúde e calidade de vida en xeral.
Perfil Investigador: https://orcid.org/0000-0002-0946-7729
Scopus ID: 12753564700 (H Index 12)
Web of Science Researcher ID: G-4636-201 (H Index 11)
D. José Manuel Pazos Seco
Vicepresidente 1°
D. José Manuel Pazos Seco
Director Técnico e de operacións de Geriatros S.A.U.
Médico e ciruxán pola Universidade de Santiago (1981); Máster en Calidade Asistencial en Atención Primaria pola Universidade de Murcia; Director de Instalacións de rayos X con fins de diagnóstico polo Consello Superior de Enerxía Nuclear; Máster en Dirección e Xestión de Programas e Centros Xerontolóxicos Socio Sanitarios da Universidade de Vigo.
Profesor do Máster en Dirección e Xestión de Programas e Centros xerontolóxicos socio sanitarios da Universidade de Vigo; Profesor do Curso de Máster e Experto en Xerontoloxía Clínica na Universidade de A Coruña; Colaboradorar habitual na prensa escrita no ámbito da xeriatría (por exemplo no Diario El Mundo).
Iniciou a súa vida profesional no Sergas nos servicios de Urxencias de Ferrol (1981-1986). Posteriormente é director médico no Policlínico Virxen de Covadonga en Laraxe (Cabanas). Despois traballa no INSERSO, no CAMF de Ferrol (1992-1998) e finalmente chega a Geriatros onde é director técnico e de operacións.
D. José Ramón Martínez Calvo
Vicepresidente 2º
D. José Ramón Martínez Calvo
Licenciado en Medicina y Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Medico especialista en Xeriatría.
Médico adxunto do Servicio de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.
Profesor de Xeriatría na universidade de Santiago, no campus de Lugo, Facultade de Enfermaría.
Co-Organizador das Xornadas das Persoas Maiores do Concello de Lugo, a través da área de Servicios Sociais.
Dna. Maximina Rodríguez Fernández
Secretaria
Dna. Maximina Rodríguez Fernández
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizando estudos de posgrao nas áreas de Psicoloxía Evolutiva, Terapias Psicolóxicas de Terceira Xeración, Psicoloxeriatría, Neuropsicoloxía e Neurorehabilitación.
Psicóloga Xeral Sanitaria acreditada nacional en Neuropsicoloxía Clínica.
En recursos sociosanitarios de atención á dependencia (centros de día e residenciais, asociacións…) desenvolveu funcións de coordinación técnica e psicóloga acompañando a persoas dependentes e ás súas familias coidadoras.
Forma parte de equipos multidisciplinares, en Centros Sanitarios como Psicóloga Xeral Sanitaria, especializada en trastornos do neurodesenvolvemento e alteracións neurocognitivas en adultos, desenvolvendo programas de intervención non farmacolóxica individual e grupal, así como no acompañamento terapéutico en alteracións emocionais en adultos e persoas maiores.
Está vinculada desde os inicios da súa traxectoria profesional hai 25 anos con AFAGA Alzheimer, sendo na actualidade Directora Técnica de Proxectos de Innovación e participando co equipo técnico no desenvolvemento e implementación de programas específicos para persoas con Alzheimer e outras demencias, e o seu contorno familiar. Consultora e asesora técnica en proxectos de I+D.
Colaboradora en organizacións e fundacións de ámbito rexional e nacional no desenvolvemento e implementación de actividades formativas e intervencións terapéuticas grupais (FAGAL, Fundación Pasqual Maragall, CEAFA, Fundación La Caixa, Espazo+60, etc.).
Participa en actividades formativas destinadas a profesionais sociosanitarios, coidadores familiares e programas específicos de emprego.
Profesional colaboradora da UOC (tutora académica do Grao en Psicoloxía – 2019/2022 e profesora da materia Psicoloxía Evolutiva II – Adolescencia, Mocidade, Adulto e Vellez) e como titora profesional con diferentes universidades (USC, ViU, UNED, etc.).
Participa como Mentora no Proxecto Mentoring da USC desde o ano 2017.
Membro da SGXX, CNC – Consorcio de Neuropsicoloxía e SEN – Sociedade Española de Neuroloxía e das seccións de Psicoloxía da Saúde e Intervención Social do Consello Xeral de Psicoloxía de España.
D. Javier Pérez Martín
Tesoureiro
D. Javier Pérez Martín
Actualmente é coordinador do Servicio Médico do Centro Residencial de Atención a Personas Dependientes da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e profesor na asignatura de Xeriatría na Escola Universitaria de Enfermería de POVISA.
Licenciado en Medicina e Ciruxía; Diplomado en Xeriatría pola Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG); Máster en Xeriatría polo Hospital Xeral-Calde de Lugo; Máster en Dirección de Centros Sociosanitarios pola Universidade de Vigo.
Dna. Vanessa Álvarez Vidal
Vogal Sección Clínica
Dna. Vanessa Álvarez Vidal
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Médica especialista en Xeriatría vía MIR. Médica adxunta do Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. Varios másteres relacionados co ámbito da Xeriatría e Xerontoloxía: Máster en Xeriatría e Xerontoloxía (Universidade Católica de Valencia), Máster en Medicina Clínica (Universidade Camilo José Cela), Experta Universitaria en Neuropsicoloxía e Demencias (Universidade Europea Miguel de Cervantes), Máster en Coidados Paliativos (Universidade Pontificia de Salamanca) e Título de especialista no abordaxe da desnutrición relacionada coa enfermidade (Universidade Alfonso X O Sabio).
Colaboradora docente e titora de residentes de xeriatría vía MIR. Doutoranda en Ciencias da Saúde na liña de fragilidade na poboación maior.
Nivel avanzado C1 (MCER) de tres idiomas (inglés, francés e portugués) certificado pola Escola Oficial de Idiomas; castelán e galego nativos.
Dna. Estela Alonso Posada
Vogal Sección Social
Dna. Estela Alonso Posada
Diplomada en Terapia Ocupacional. Máster en Xerontoloxía, especialidade clínica. Máster en Dirección e Xestión de Centros Xerontolóxicos.
Experiencia de máis de 10 anos no ámbito xerontolóxico, nos que compatibilizou intervención en centros de día, formación e investigación. Formadora en diferentes temáticas para profesionais de empresas do sector, así como para asociacións de persoas maiores. Formadora en módulos de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións.
Colaboración con varios proxectos de investigación a nivel autonómico e europeo. Actualmente desenvolve o seu labor profesional no servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia, como técnica de valoración de dependencia.
D. César Bugallo Carrera
Vogal de Psicoxerontoloxía
D. César Bugallo Carrera
Doutor en Xerontoloxía.
Licenciado en Psicoloxía.
Psicólogo sanitario.
Psicólogo e director do Centro Terapéutico de Alzhéimer de AFAFeS.
Profesor universitario.
Investigador do Grupo de Investigación de Dependencia, Xerontoloxía e Xeriatría da USC.
Investigador do proxecto “SAPIENS: Servicios y Aplicaciones para un Envejecimiento Saludable”.
Dna. María Elena Mosquera Losada
Vogal de Formación e Investigación
Dna. María Elena Mosquera Losada
Doutora en Enfermaría polo Programa de Doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar.
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria. Especialista en Enfermaría Xeriátrica. Graduada en Enfermaría e en Psicoloxía.
Conta con máis de sete anos de experiencia asistencial como enfermeira no Centro Residencial de Atención a Persoas (CRAP I). Dende hai máis de quince anos exerce como profesora universitaria na área de Enfermaría Xeriátrica dentro do Grao en Enfermaría (con venia docendi). Dirixiu máis de cincuenta Traballos de Fin de Grao nos eidos da xeriatría e da psicoloxía, e participou activamente como membro de tribunal avaliador de TFG.
A súa traxectoria como investigadora e formadora no campo da xeriatría esténdese ao longo de máis de trinta anos, enfocándose no desenvolvemento e mellora da atención ás persoas maiores. Tamén foi asesora da Xunta de Galicia no proceso de recoñecemento de competencias profesionais vencelladas ás especialidades de atención sociosanitaria a persoas en situación de dependencia.
Dna. Rosa María Gómez Fernández
Vogal de Xerocultura
Dna. Rosa María Gómez Fernández
Diplomada en Educación Social. Máster en Dirección de Centros e Servizos Xerontolóxicos Sociosanitarios pola Universidade de Vigo. Máster en Dirección de RR.HH. Participación como docente e asistencia a múltiples seminarios, cursos, xornadas e congresos relacionados co ámbito xerontolóxico.
27 anos de experiencia en programas e recursos públicos de atención ás persoas maiores de xestión privada. Actualmente Coordinadora no Servizo de Teleasistencia da Deputación de Ourense.
D. Rafael Vázquez Piñeiro
Vogal de Centros Xerontolóxicos
D. Rafael Vázquez Piñeiro
Licenciado en farmacia.
Master en Dirección de Centros e Servizos Xerontolóxicos Socio-sanitarios pola Universidade de Vigo.
25 anos de experiencia en centros residenciais privados e concertados en diferentes empresas, con distintas responsabilidades de organización, xestión e posta en marcha de centros, 20 deles como director de residencia.
Na actualidade, director da Residencia DomusVi Narón.
Dna. Vanesa López Miguens
Vogal Formación e Investigación
Dna. Vanesa López Miguens
Fisioterapeuta con ampla experiencia e experta en Xeriatría. Diplomada pola Universidade Rovira i Virgili, desenvolve o seu labor profesional no Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Vogal da Sociedade Científica de Fisioterapeutas de Galicia (SOGAFI) e do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA). Coordina o grupo de traballo de Fisioterapia da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG) e é membro do grupo de traballo de Discapacidade e Dependencia do Consello Xeral de Fisioterapeutas de España. Participa activamente na difusión do coñecemento en Xeriatría a través de colaboracións en libros, artigos, proxectos, congresos e investigacións de actualidade. A súa experiencia formadora en múltiples cursos céntrase especialmente no ámbito das demencias neurodexenerativas.