A SGXX é una sociedade científica e profesional formada xa en 1988 por profesionais de diferente formación e actividade, comprometidos co apoio á vida e á saúde dos Maiores.
Durante esta crise provocada pola pandemia da COVID-19, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) tamén tivo liderado iniciativas, propostas e proxectos para evitar os contagios masivos nas Residencias e dar resposta ás persoas Maiores doentes.
Agora, seguimos traballando para aportarlles máis calidade de vida, dar unha correcta atención ás persoas e mellorar as actividades profesionais.
Si queres participar na mellora da sociedade na que vives e dos Maiores desde a túa perspectiva profesional, únete a nós.
Faite socio/a.
A ti necesitámoste moito, xa que es moi importante, por iso nos segues.
A ti necesitámoste moito, xa que es moi importante, por iso nos segues.
Si xa estás na SGXX convida ao teu amigo/a, teu compañeiro ou compañeira a facerse socio/a. Crecendo somos máis.
Máis información sobre altas, condicións e cuotas de socio na web da SGXX.
¿Cales son os fins da SGXX?
A través das nosas actividades, a SGXX traballa para:
A través das nosas actividades, a SGXX traballa para:
Promover iniciativas de medidas para a prevención e mellora da calidade de vida dos Maiores.
Asesorar e apoiar aos organismos públicos e privados que interveñen nos coidados das persoas maiores.
Colaborar con outras institucións e asociacións que teñan como finalidade o obxectivos da SGXX.
Fomentar o estudo e as investigacións no área dos coñecementos sobre o proceso de envejecimiento humano.
Actividades da SGXX
e vantaxes para o socio e socia:
e vantaxes para o socio e socia:
Sendo socio/a de a SGXX, ademais de contribuír a mellora da calidade de vida dos Maiores, poderás congtar con algunhas vantaxes como:
- Asistir, con condicións especiais, ao Congreso anual da Sociedade, que xa celebrou 31 edicións, algunas internacionais.
- Poderás optar ás 15 becas de inscripción de Congreso.
- En cada Congreso a SGXX entrega 2 Premios ás mellores comunicacións orais e 1 Premio ao mellor poster/video dotados con 600 euros cada un.
E tamén podes:
- Participar e avaliar as actividades de Formación e investigación e as Guías técnicas e manuais que a SGXX elabora.
- Asistir, con condicións especiais, aos cursos de formación e simposios nas áreas de medicina, enfermería, psicología, rehabilitación, traballo social, educación social, terapia ocupacional, xestión de centros, animación sociocultural e outras.
- Participar nos grupos de traballo e colaboración técnica.
- Optar a Becas de Estancias Formativas e Becas de Investigación (ata 3.000 euros cada unha).
- Recibir información continuada e contrastada sobre gerontología e geriatría