en Actividades e Congresos, Actualidade

Expertos en Xeriatría e Xerontología debaterán sobre soidade non desexada e como facer fronte a este problema social

  • O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Faílde, en compañía do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, presentou este evento no Concello de Vigo
  • A soidade asóciase a maiores taxas de depresión, ansiedade e suicidio, converténdose nun factor que aumenta significativamente o risco dunha persoa de morrer prematuramente
  • Por este motivo, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría quere profundar neste tema crucial para o benestar das persoas maiores

 

Vigo, 3 de marzo de 2023.- O Museo Verbum de Vigo acole o 33 Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que terá lugar os días 9 e 10 de xuño de 2023.

Esta mañá tivo lugar a presentación no Concello de Vigo, á que asistiron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, e o presidente da SGXX, José María Faílde e José Manuel Pazos, presidente do Comité Organizador do Congreso.

De esquerda a dereita: José Manuel Pazos, José María Faílde, Abel Caballero e Yolanda Aguiar.

Ao redor de 50 relatores, tanto españois como procedentes de diversos países de Europa e Latinoamérica, daranse cita no Museo Verbum- Casa dás Palabras para participar neste encontro internacional que leva por lema: ‘Soledad e illamento social. Novos retos e recursos’.

O tema escollido nesta ocasión é tan actual como preocupante porque a soidade e o illamento social, cando afecta as persoas maiores, constitúe un risco grave de saúde pública que afecta de forma considerable ao estado físico e psicolóxico de quen a sofre, incrementando o risco de presentar demencia e outras afeccións graves.

Os datos reflicten que o 56% dos homes e o 72% das mulleres refiren sentir algún tipo de soidade, aumentando esta proporción a medida que avanza a idade, explicou José María Faílde, quen subliñou que “a ‘soidade subxectiva’, é dicir cando a persoa sente soa, é un sentimento moi doloroso e ao que temen un 22% das persoas maiores, un malestar que sufriu nalgunha ocasión ata o 70% desta poboación”.

Ante isto, o presidente da SGXX, lembrou que expertos e estudos realizados demostraron ao longo de décadas a vinculación existente entre a saúde física e mental das persoas, por iso “fronte ao illamento social e a soidade é fundamental crear unha rede social satisfactoria que promova comportamentos e hábitos saudables”, afirmou Faílde.

O Presidente da SGXX, José María Faílde, na súa intervención na presentación do XXXIII Congreso no Concello de Vigo, xunto ó alcalde, Abel Caballero.

Por este motivo, Por este motivo, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatíra quere profundar neste tema crucial para o benestar das persoas maiores, máis aínda tendo en conta que Galicia é unha das 10 rexións que rexistra  porcentaxes de poboación máis elevadas de Europa, coas provincias de Ourense e Lugo entre as 5 primeiras máis envellecidas, e ademais con individuos moi lonxevos.

Así, no Museo Verbum de Vigo, os vindeiros 9 e 10 de xuño, daranse cita expertos e investigadores da área social e sanitaria que analizarán o tema da soidade e o illamento social desde diversas perspectivas, achegando solucións novas tanto desde un enfoque teórico como práctico. Neste sentido, daranse a coñecer as oportunidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito da saúde e os apoios, ferramentas que facilitan a construción dunha contorna mellor e máis amable coas persoas maiores.

A SGXX conta co apoio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia para organizar este encontro científico e social de carácter internacional.

Toda a información deste Congreso está na web: congreso.sgxx.org

Artigos recentes
A SGXX presenta un curso gratuito e on-line dirixido a coidadores de persoas maiores dependientes