en Actualidade

Educación en xeriatría e xerontoloxía para optimizar os cuidados das persoas maiores

A entidade conta con reunir a máis de 300 profesionais do ámbito internacional da xerontoloxía e a xeriatría nunha Comunidade, a galega, con algunhas das áreas xeográficas maís envellecidas do mundo.

presentacion del XXVIII Congreso Internacional de la SGXX Lugo 22 y 23 Abril 2016 presentacion del XXVIII Congreso Internacional de la SGXX Lugo 22 y 23 Abril 2016 presentacion del XXVIII Congreso Internacional de la SGXX Lugo 22 y 23 Abril 2016 presentacion del XXVIII Congreso Internacional de la SGXX Lugo 22 y 23 Abril 2016

(Lugo, 2 de marzo de 2016). A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) presentou este martes 1 de marzo na Deputación de Lugo o seu XXVIII Congreso que se vai celebrar no devandito Palacio Provincial os vindeiros 22 e 23 de abril. Un foro que por primeria vez na súa historia vai ter carácter internacional coa participación de máis de 300 profesionais de prestixio de Galicia, España, Portugal, Paraguai ou Chile.

Todos eles van debatir e expoñer os últimos retos, novidades e avances “non so no sector científico e médico, é dicir, xeriátrico” explicou o presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez, senon tamén, matizou “no ámbito sociolóxico, social, persoal como é a xerontoloxía”. Un evento que, “por primeira vez é de carácter internacional” salientou, “para darlle pulo aos avances, experiencias, contidos e novidades máis relevantes que se producen en Galicia no labor das persoas maiores, tento en conta que falamos dunha das comunidades máis envellecidas do mundo, con áreas xeográficas de Lugo e Ourense con índices de envellecemento, do 24 ao 32 por cento, por enriba de Xapón, o país maís envellecido do mundo”

De feito, engadiu o presidente da SGXX, “un dos obxectivos deste congreso é aproveitar a oportunidade científica, médica e social que representa para profesionais e as propias persoas maiores -as que invitan a acudir e presentar as súas inquedanzas- e, sobre todo, para traballar na procura dunha maior calidade de vida deste colectivo”.
Neste senso Vázquez pediu “máis esforzo a os políticos e as entidades locais, autonómicas e estatais para que se entendan entre elas e fagan maís pola calidade de vida das persoas maiores” que, en Galicia, rematou, “son xa o 24 por cento da poboación”.

O presidente do Comité Organizador, Carlos Dosil, salientou que iste é “un dos congresos máis importantes do seu ámbito que se vai celebrar en Galicia” no que esperan a presencia de máis de 300 profesionais do sector e que conta con máis de trinta ponentes de recoñecido prestixio internacional.
Todos eles presentarán en mesas e talleres científicos, médicos e sociais, os principais avances e novidades da xeriatría e a xerontoloxía que se está a desenvolver en Galicia, España e o resto do mundo (congreso.sgxx.org).

Colaboración institucional

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos felicitou á SGXX pola organización dunha nova edición deste congreso, e especialmente, o feito de que un ano máis elixise Lugo para a súa celebración. Darío Campos defendeu “a cooperación entre administracións e colectivos de profesionais para, conxuntamente, ofrecer respostas ás necesidades dos veciños”. Nunha provincia como a de Lugo, engadiu, que é “unha das rexións máis envellecidas xa non só de España, senón tamén de Europa, onde esta cooperación pasa polo impulso do benestar”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, felicitou á Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeratría pola organización de novo na cidade lucense deste congreso de ámbito internacional. Méndez subliñou a importancia de que un evento deste tipo se celebre en Lugo, “dada a realidade social da cidade, na que o 20 por cento da poboación é maior de 65 anos, mentres que os menores de 16 representan o 14 por cento”.

Así mesmo, na actualidade o 7,3 por cento das persoas maiores, matizou, “supera os 80 anos, o dobre que hai só dúas década e, por cada cen persoas que entran en idade potencialmente activa, saen dela duascentas”.
A tendencia ao envellecemento, destacou a rexedora, “supón, máis que un problema, un reto que temos que afrontar como sociedade, implantando medidas sociais e legais para aumentar a natalidade, manter o Estado do Benestar e situar ao colectivo da terceira idade como oportunidade e como un activo, non soamente como un demandante de recurso, aproveitando as súas habilidades e experiencias”. Lara Méndez avogou, como a OMS, polo “envellecemento activo” e por poñer a disposición dos maiores “os mellores servizos”.

Artigos recentes
Convocatoria anual das Becas, Bolsas e Premios da SGXX