en Actualidade

(Vigo, 28 de enero de 2022)

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA) han firmado esta mañana asinaron un acordo de colaboración para impulsar accións conxuntas de Investigación, formación, definición de protocolos técnicos e especialización profesional para a implantación e desenvolvemento en Galicia dunha rama específica da fisioterapia, que é a xeriátrica.

Nun acto que tivo lugar no Colexio Oficial de Médicos de Vigo, Miguel Ángel Vázquez, presidente da SGXX; Javier Pérez, vicepresidente da SGXX; Gustavo Paseiro, presidente de COFIGA; e Vanesa López, coordinadora da Comisión de Xeriatría en COFIGA, rubricaron un documento que apoia diversas accións conxuntas que potenciarán e desenvolverán esta especialidade, unha disciplina cun longo percorrido no futuro e clave para dar unha correcta atención ás persoas maiores.

Ambas entidades destacaron a importancia da fisioterapia no benestar no adulto maior que mellora a súa autonomía e diminúe a súa dependencia e puxeron de manifesto a necesidade de aumentar o número de fisioterapeutas nas institucións tanto públicas como privadas -residencias, centros de día e domicilios- , así como implantar esta especialidade nas consultas de Atención Primaria.

A Comunidade Galega presenta unha porcentaxe notable de envellecemento poboacional, un gran logro alcanzado despois das melloras nas condicións de vida e saúde das persoas, ata o punto de que lla considera a Comunidade Autónoma máis envellecida de España e unha das de maior senectude do mundo, con porcentaxes que se sitúan no 26% de persoas de máis de 65 anos en Galicia, e con provincias como Ourense onde esta cifra aumenta ata o 33%.

Nunha poboación tan envellecida como a galega, a especialidade de fisioterapia xeriátrica é fundamental e necesaria para a recuperación funcional, a rehabilitación da persoa maior, a mellora e a recuperación das funcións cognitivas e psicomotrices nas enfermidades neurodexenerativas e neurovasculares e a rehabilitación postoperatoria, entre outras.

Estas son actividades precisan ser potenciadas con maior especialización, de aí a importancia de que xeriatras, xerontólogos e fisioterapeutas galegos unan experiencia e coñecementos, que se materializarán en diversas accións tanto de promoción da saúde como de prevención de enfermidades asociadas á idade.

Neste sentido, planificaranse seminarios, simposios, xornadas e diversas actividades científicas e profesionais que impulsen a fisioterapia xeriátrica como elemento fundamental para a promoción de hábitos saudables, de autocuidado e de saúde psicofísica.

Sobre la fisioterapia xeriátrica

A fisioterapia entre moitos outros beneficios dignifica ao maior, diminúe dor e rixidez, prevén caídas, mellora a forza, mobilidade e o equilibrio, mellora capacidade respiratoria, e mellora por tanto a súa autoestima. Diminúe a fraxilidade e por tanto as caídas que xera unha porcentaxe de mortalidade e dependencia ao ano altísima, tamén retarda a deterioración cognitiva.

Artigos recentes

Empeza a escribir e presiona "Intro" para buscar