en Actividades e Congresos

Organizada pola Real Academia de Medicina e Cirurxía e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría celebrouse o pasado día 5 de xullo na sede da Real Academia de Medicina e Cirurxía, a conferencia maxistral do Prof. José Manuel Ribera Casado, Catedrático emérito de Xeriatría da Universidade Complutense de Madrid que versou sobre a Actualidade da Xeriatría. Nela o Prof. Ribera Casado expuxo o desenvolvemento da disciplina de Xeriatría dende a utilización por primeira vez do nome por Nascher ata a actualidade, facendo mención á necesidade de incrementar o número de xeriatras no sistema hospitalario.

De esquerda a dereita os profesores Raimundo Mateos (Vogal área Clínica), Ribera Casado, Dr. Andrés Vázquez (anterior Presidente SGXX) e Prof. Millán Calenti (Presidente SGXX).

Artigos recentes

Empeza a escribir e presiona "Intro" para buscar