Emotivo recordo en Lugo ao Dr. e compañeiro da SGXX Fernando Veiga Fernández

 In Actualidade

A partires de agora, unha sala do HUAC leva o nome do doutor Fernando Veiga Fernández

Un momento das intervencións nas que se recordou a Veiga

O retrato conmemorativo

(Víctor Sariego, 21/5/2017).- O Servizo de Xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) celebrou o pasado sábado 20 de maio nas súas dependencias, unha homenaxe pública en memoria e recordo do doutor Fernando Veiga Fernández, xefe deste servicio e ex presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) falecido inesperadamente o pasado 21 de maio de 2016.

Neste acto, Fernando Veiga foi recordado na súa faceta persoal e profesional polo director xerente da EOXI de Lugo, Ramón Ares Rico; polo catedrático emérito de Xeriatría HUSC Madrid, José Manuel Ribera Casado; polos médicos e médicas adxuntos do Servizo de Xeriatría do HULA, Manuel Melero, Ana Isabel Martín e Laura Gamonal e polo presidente da SGXX, Miguel Ángel Vázquez.

Despoís das intervencións, os responsables do HULA inauguraron unha placa conmemorativa coa que, a partires de agora, se dai o nome de Fernando Veiga a unha sala do Hospital Lucense onde tamén se fixo a instalación dun retrato do doutor.

Para pechar o evento, o coro do HULA interpretou vairas pezas.

A SGXX participou nos actos da homenaxe coa intervención do seu presidente, Miguel Ángel Vázquez Vázquez que vai recordou a traxectoria de Veiga na entidade durante máis de dúas décadas onde “foi moi querido e respetado como en todos os lugares onde traballou e vivíu” comentou, “tanto na súa faceta personal como profesional” onde, matizou, “desenvolveu un intensísimo labor a prol das persoas maiores, da súa profesión e da ciencia, con dedicación plena e desinteresada como xeriatra independente ou no HULA e como gran investigador e científico”. Principalmente na SGXX, indicou o presidente da entidade, “onde foi o seu segundo presidente e despois vogal durante moitos anos e como autor e divulgador de multitude de publicacións propias”.

Fernando Veiga foi xefe do Servizo de Xeriatria do HULA do Servizo Galego de Saude, presidente da SGXX e un gran referente cientifico da xeriatria clinica en España. Creou o primeiro e maior Servizo de Xeriatria do sector publico sanitario galego e viña sendo un apoio sobresainte para moitas familias e doentes maiores que tiñan nel non somentes un medico excelente, senon un conselleiro e amigo, con un xeito de facer mediciña que aportaba o valor dunha humanidade que o distinguía e era exemplo para todos os demáis.

Recommended Posts
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Start typing and press Enter to search